Saltar ao contido

Conquiolina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cuncha de Stenotrema florida, un caracol terrestre.

A conquiolina,[1] ás veces denominada tamén conchina ou perlucina, é un compleo de macromoléculas orgánicas, proteínas fibrosas quitinidais e polisacáridos, que son segregadas polo manto dos moluscos.

Estes complexos asócianse con cristais de aragonita para formaren unha estrutura ríxida que permite a construción da cuncha do molusco. As moléculas que forman a conquiolina e o carbonato de calcio que formará a aragonita son segregados polo manto. É a matriz orgánica que permite aos moluscos crear a aragonita, mellor que a calcita, da mesma forma que a interacción dos cristais hidroxiapatíticos e o coláxeno nos vertebrados. Estas moléculas danlle ao nácar unha enorme resistencia á ruptura, 3 000 veces superiore á da aragonita.[2]

  1. «As valvas están unidas por unha banda elástica chamada ligamento articular, composta por unha materia orgánica córnea, a conquiolina». En Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-7154-506-2, p. 42.
  2. Rainer, Leslie et al. (2011), p. 225.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Rainer, Leslie; Angelyn Bass Rivera & David Gandreau (2011): Terra 2008: The 10th International Conference on the Study and Conservation of Earthen Architectural Heritage. Getty Publications.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]