Conector (gramática)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Conector.
En gramática, un conector é un marcador do discurso xunto cos estruturadores da información, reformuladores, operadores argumentativos, e marcadores conversacionais.
Son uns marcadores discursivos que vinculan semántica- e pragmaticamente un membro do discurso con outro anterior. Ás veces, o primeiro membro pode ser situacional ou contextual, implícito. Un neno pode mostrarlle a outro o seu coche de xoguete e dicirlle "Ademais, ten sirena".
Tipos
[editar | editar a fonte]- Conectores aditivos, que unen a un membro discursivo anterior outro coa mesma orientación argumentativa, o que permite inferir conclusións que doutro xeito non se alcanzarían. Hai de dous tipos:
- Os que ordenan ambos membros discursivos na mesma escala argumentativa ("ata" -que indica que o argumento que segue é máis forte que o primeiro: por iso pode dicirse: Debemos levar o neno ao hospital. Ten moita febre e, ata comezou a delirar, pero non *Debemos levar o neno ao hospital, comezou a delirar e, ata, ten moita febre-, "inclusive" e "é máis" -que tamén potencia o argumento seguinte respecto ao que precede-)
- Os que non cumpren esta condición ("ademais", "e enriba" -que presenta o membro anterior como argumento suficiente para unha conclusión determinada e, a diferenza de ademais, pode incluír unha conclusión oposta: "á parte" -propio da lingua coloquial: Non irei ver esa película. É longa e aburrida. Á parte, quedei para ir á disco, "por riba" (que conecta cun membro anterior e máis frecuentemente cunha serie anterior deles)/deles:
- Conectores consecutivos, que presentan o membro do discurso en que se atopan como unha consecuencia dun membro anterior: "pois" , "así pois", "xa que logo", "por conseguinte", "conseguintemente", "consecuentemente", "polo tanto" e "de aí"); "en consecuencia" e "de resultas" (onde o consecuente é un estado de cousas que se produce a partir doutro estado de cousas), "así", "entón"...
- Conectores contraargumentativos, que unen dous membros do discurso de tal modo que o segundo se presenta como supresor ou atenuador dalgunha conclusión que se puidese obter do primeiro: "en cambio", "pola contra", "polo contrario" e "por contra" (que mostran contraste ou contradición entre os membros vinculados), "así a todo" (cuxo membro discursivo comenta o mesmo tópico que o membro anterior), "no entanto, "emporiso", "agora ben" e "agora" (que introducen conclusións contrarias ás esperadas dun primeiro membro), e "iso si", que "mostra un membro discursivo que atenúa a forza argumentativa do membro anterior".