Condado de DeKalb, Xeorxia
DeKalb County (en) | |||||
Epónimo | Johann de Kalb (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Xeorxia | ||||
Capital | Decatur | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 764.382 (2020) (1.088,86 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 283.799 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 702 km² | ||||
Auga | 1,3 % | ||||
Punto máis alto | Stone Mountain (en) (514 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 9 de decembro de 1822 | ||||
Código de departamento INSEE | 13089 | ||||
Identificador GNIS | 1687424 | ||||
Sitio web | dekalbcountyga.gov | ||||
O condado de Dekalb (en inglés: DeKalb County) é un condado no estado estadounidense de Xeorxia. No censo de 2000 o condado tiña unha poboación de 686 712 habitantes. Forma parte da área metropolitana de Atlanta. De feito preto do 10 por cento da cidade de Atlanta atópase dentro do condado, mentres que o 90 por cento restante sitúase no condado de Fulton. A sede de condado é Decatur.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O condado de DeKalb foi creado en 1822[1] a partir de porcións dos condados de Henry, Gwinnett e Fayette. Foi nomeado en honor a Johann de Kalb, un soldado alemán que loitou no bando estadounidense durante a Guerra de Independencia dos Estados Unidos.
En 1853, o condado de Fulton foi creado a partir da metade occidental do condado de DeKalb. Ata ese entón, a cidade de Atlanta atopábase dentro do condado. De feito, durante a Guerra de Secesión, gran parte da Batalla de Atlanta loitouse dentro do condado de DeKalb.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Segundo a Oficina do Censo, o condado ten unha área total de 702 km², do cal 695 km² é terra e 7 km² (5,52%) é auga.
Condados adxacentes
[editar | editar a fonte]- Condado de Gwinnett (norte)
- Condado de Rockdale (leste)
- Condado de Henry (sur)
- Condado de Clayton (suroeste)
- Condado de Fulton (oeste)
Demografía
[editar | editar a fonte]No censo de 2000, houbo 665 865 persoas, 249 339 fogares e 156 584 familias residindo no condado.[2] A densidade de poboación era de 2 483 persoas por milla cadrada (959/km²). No 2000 habían 261 231 unidades unifamiliares nunha densidade de 974 por milla cadrada (376/km²). A demografía do condado era de 35,82% brancos, 54,23% afroamericanos, 0,23% amerindios, 4,01% asiáticos, 0,05% insulares do Pacífico, 3,53% doutras razas e 2,12% de dúas ou máis razas. 7,89% da poboación era de orixe hispana ou latina de calquera raza.[2]
A renda media para un fogar do condado era de $49 117 e o ingreso media para unha familia era de 54 018 $. En 2000 os homes tiñan un ingreso medio de 36 270 $ fronte a $31 653 para as mulleres. A renda per cápita para o condado era de 23 968 $ e o 10,80% da poboación estaba baixo o limiar de pobreza nacional.
Localidades
[editar | editar a fonte]Transporte
[editar | editar a fonte]Principais autoestradas
[editar | editar a fonte]- Interestatal 20
- Interestatal 85
- Interstestatal 285
- Interestatal 675, Xeorxia
- U.S. Route 23
- U.S. Route 29
- U.S. Route 78
- U.S. Route 278
- Ruta Estatal de Xeorxia 8
- Ruta Estatal de Xeorxia 10
- Ruta Estatal de Xeorxia 13