Saltar ao contido

Concello de Arvidsjaur

Modelo:Xeografía políticaConcello de Arvidsjaur
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 65°35′00″N 19°07′00″L / 65.583333333333, 19.116666666667
EstadoSuecia
CondadoCondado de Norrbotten Editar o valor en Wikidata
CapitalArvidsjaur (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación6.069 (2024) Editar o valor en Wikidata (0,99 hab./km²)
Lingua oficiallingua sueca
linguas saamis Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Lapónia (pt) Traducir
Q18331966 Traducir (–2002)
Q61669431 Traducir (2002–) Editar o valor en Wikidata
Superficie6.126,28 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude390 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Chairman of the municipal board in Arvidsjaur Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor en WikidataSten Laestadius (en) Traducir (1971–1979)
Jan-Erik Sandberg (en) Traducir (1980–1993)
Per Lavander (en) Traducir (1993–2005)
Jerry Johansson (en) Traducir (2005–2013)
Lotta Åman (en) Traducir (2013–2018)
Sara Lundberg (en) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webarvidsjaur.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: Arvidsjaur Youtube: UCmAvI7bvKtuyeuti4bzFk6A Editar o valor en Wikidata

Arvidsjaur (saami: Árviesjávrrie) é un municipio sueco (kommun) no condado de Norrbotten,[1] no landskap de Lappland. A súa capital é Arvidsjaur.

A paisaxe está formada por terreo montañoso ondulado (bergkullsterräng) quebrado, o 70% do cal está cuberto de bosque. A economía sofreu grandes cambios e a principios da década de 2020 estaba dominada pola silvicultura e a industria da madeira, así como a produción de servizos públicos e privados.

Dende os anos 80 a tendencia de poboación é negativa. A política do concello está dominada dende sempre polos socialdemócratas, aínda que perdeu a maioría absoluta en 2010. Dende entón o partido gobernou en coalición co Vänsterpartiet.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O municipio de Arvidsjaurs xunto á vía férrea Inlandsbanan, no medio do landskap de Lappland, a uns 110 quilómetros ao sur do círculo polar ártico. O concello limita cos municipios de Arjeplog, Jokkmokk, Älvsbyn, Piteå, Skellefteå, Norsjö, Malå e Sorsele.

Topografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

O terreo montañoso quebrado formado por montañas individuais o grupos de montañas conforman a paisaxe do municipio. Todos os picos acadan entre os 500 e os 650 metros sobre o nivel do mar. O terreo ten unha orientación noroeste-sueste. Granito e arvidsjaur pórfiro forman a rocha base. Na zona hai lagos longos e estreitos, así como bosques e marismas. En total, o 70% da zona está cuberta de bosque de crecemento lento. Este lento crecieento pode atribuírse á escasa morena e ao clima frío. Varios ríos atravesan o municipio, entre eles o río Pite (un dos ríos nacionais suecos), o río Byske e o río Skellefte. Os vales dos ríos carecen de asentamentos, pero en cambio as alturas si os atraeron no sur. Alí, o risco de xeadas é menor e a terra é máis apta para o cultivo.[2]

Conservación natural

[editar | editar a fonte]

No ano 2022 había 60 reservas naturais no municipio. Ademais existen ecoparques, áreas claves de biodiversidade, zona da Rede Natura 2000 e outros tipos de áreas con protección para a flora e a fauna.[3]

Varias das reservas naturais son áreas montañosas, como Lillträskberget, Mattisberget e Myrberget.[4] Outras zonas, como Björkselberget, inclúen bosque primario. Nesta reserva natural hai por exemplo piñeiros que teñen ao redor de 600 anos de idade.[5]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-07. 
  2. "Arvidsjaur - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2022-08-09. 
  3. "Upptäck naturreservaten och andra skyddade områden". www.arvidsjaur.se. Consultado o 2022-08-09. 
  4. "Sök". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-09. 
  5. "Björkselberget". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-09. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]