CONCACAF
CONCACAF | |
---|---|
Acrónimo | CONCACAF, КОНКАКАФ, ԿՈՆԿԱԿԱՖ, КОНКАКАФ, КОНКАКАФ, КОНКАКАФ, КАНКАКАФ, ΚΟΝΚΑΚΑΦ, კონკაკაფი, 中北美足协, 中北美足協, КОНКАКАФ, コンカカフ, کونکاکاف, كونكاكاف, کونکاکاف, کونکاکاف e CONCACAF |
Tipo | federación deportiva internacional e organización sen ánimo de lucro |
Deporte | fútbol |
Área de operación | América Setentrional, América Central, Caribe e América do Sur |
Data de fundación | 18 de setembro de 1961 |
Presidente/a | Victor Montagliani (en) (2016-) |
Secretario/a | Philippe Moggio |
Nº de membros | 41 (2018) |
Organización matriz | FIFA |
Organización subsidiaria | Associação de Futebol da Anguilla, Associação Antiguana de Futebol, Associação de Futebol de Aruba, Associação de Futebol de São Cristóvão e Nevis, Associação de Futebol das Bahamas, Associação de Futebol de Barbados, Associação de Futebol de Bermuda, Federação de Futebol de Belize, Bonaire Football Federation, Associação de Futebol das Ilhas Virgens Britânicas, Federação Canadense de Futebol, Associação de Futebol das Ilhas Cayman, Federação Costarriquenha de Futebol, Asociación de Fútbol de Cuba, Federação de Futebol de Curaçao, Associação de Futebol de Dominica, Federação Dominicana de Futebol, Federação Salvadorenha de Futebol, Liga de Futebol da Guiana Francesa, Associação de Futebol de Granada, Liga Guadalupense de Futebol, Federação de Futebol da Guiana, Federación Nacional de Fútbol de Guatemala, Federação Haitiana de Futebol, Federação Nacional Autônoma de Futebol de Honduras, Federação de Futebol da Jamaica, Liga de Futebol de Martinica, Federación Mexicana de Fútbol, Associação de Futebol de Montserrat, Federação Nicaraguense de Futebol, Federação Panamenha de Futebol, Federação Porto-Riquenha de Futebol, Comitê de Futebol de São Martinho, Associação de Futebol de Sint Maarten, Associação de Futebol de Santa Lúcia, Federação de Futebol de São Vicente e Granadinas, Federação Surinamesa de Futebol, Federação de Futebol de Trinidad e Tobago, Associação de Futebol das Ilhas Turks e Caicos, Federação de Futebol das Ilhas Virgens Americanas, Federación de Fútbol dos Estados Unidos e Unión Norteamericana de Fútbol |
Sede | Miami |
Na rede | |
https://concacaf.com/ e https://www.concacaf.com/es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A CONCACAF, acrónimo en inglés de Confederation of North, Central American and Caribbean Association Football, é o organismo que reúne ás asociacións nacionais de fútbol de América do Norte, América Central, as illas do Caribe e os estados suramericanos de Güiana, Suriname e o departamento francés da Güiana francesa.
Esta é unha das seis confederacións que compoñen a FIFA e foi fundada en 1961 na Cidade de México (México) como resultado da fusión da NAFC e a CCCF. O organismo encárgase da organización de competicións de equipos nacionais e clubs, así como dos torneos de clasificación para os Mundiais de fútbol anivel do continente.
Membros asociados
[editar | editar a fonte]40 asociacións nacionais de fútbol pertencen á CONCACAF distribuídas en confederaciones subordinadas á primeira.
Zona norteamericana (NAFU)
[editar | editar a fonte]País | Federación | Seleccións |
---|---|---|
Canadá | Canadian Soccer Association (CSA) | masculina feminina |
México | Federación Mexicana de Fútbol (FMF) | masculina feminina |
Estados Unidos | United States Soccer Federation (USSF) | masculina feminina |
Zona centroamericana (UNCAF)
[editar | editar a fonte]Zona caribeña (CFU)
[editar | editar a fonte]Notas
- 1 Xeograficamente en Norteamérica pero membro da CFU
- 2 Afiliado á CONCACAF pero non á FIFA.
- 3 Xeograficamente en Suramérica pero membro da CONCACAF e a CFU.
Competicións
[editar | editar a fonte]De seleccións
[editar | editar a fonte]Confederación
[editar | editar a fonte]- Copa Ouro da CONCACAF.
- Copa Ouro da CONCACAF feminina.
- Torneo pre-olímpico da CONCACAF
- Torneo pre-olímpico da CONCACAF feminino
- Campionato sub-20 da CONCACAF
- Campionato sub-20 da CONCACAF feminino
- Campionato sub-17 da CONCACAF
Rexionais
[editar | editar a fonte]- Copa das Nacións UNCAF clasificatoria para a Copa Ouro (os cinco primeiros).
- Copa Caribeña clasificatoria para a Copa Ouro (os catro primeiros).
Fútbol praia
[editar | editar a fonte]Desaparecidos
[editar | editar a fonte]- Campionato NAFC (1947,1949).
- Campionato CCCF (1941-1961).
- Campionato CONCACAF (1963-1989).
- Campionato CFU (1978-1985).
- Copa das Nacións Norteamericanas (1990,1991).
Clubs
[editar | editar a fonte]Confederación
[editar | editar a fonte]Rexionais
[editar | editar a fonte]- SuperLiga - América do Norte.
- Campionato de clubs CFU - Caribeño, os tres primeiros clasifícanse para a Champions League.
Desaparecidos
[editar | editar a fonte]- Copa de Campións da CONCACAF
- Copa de Campións de Copa da CONCACAF
- Copa Xigantes CONCACAF
- Copa Interclubes UNCAF - América Central.
Clasificacións para os Mundiais de fútbol
[editar | editar a fonte]Só dez membros da CONCACAF conseguiron clasificarse para os Mundiais desde o seu nacemento en 1930, e deses dez, seis só o fixeron nunha ocasión. A mellor clasificación dunha selección membro da Confederación foi o terceiro lugar dos Estados Unidos conseguido en 1930. Até os cuartos de final chegou EUA nunha ocasión máis en 2002, México nos dous mundiais que organizou, en 1970 e 1986, e Cuba na súa única aparición nun mundial en 1938.
A seguinte táboa amosa os representantes da CONCACAF en cada edición da Copa do Mundo, ordenados por número de aparicións:
Equipo | 1930 |
1934 |
1938 |
1950 |
1954 |
1958 |
1962 |
1966 |
1970 |
1974 |
1978 |
1982 |
1986 |
1990 |
1994 |
1998 |
2002 |
2006 |
2010 |
2014 |
Total |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
México | FG | FG | FG | FG | FG | FG | 1/4 | FG | 1/4 | 1/16 | 1/16 | 1/16 | 1/16 | 13 | |||||||
Estados Unidos | 3ª | 1/16 | FG | FG | 1/16 | FG | 1/4 | FG | 8 | ||||||||||||
Costa Rica | 1/16 | FG | FG | 3 | |||||||||||||||||
O Salvador | FG | FG | 2 | ||||||||||||||||||
Cuba | 1/4 | 1 | |||||||||||||||||||
Haití | FG | 1 | |||||||||||||||||||
Honduras | FG | 1 | |||||||||||||||||||
Canadá | FG | 1 | |||||||||||||||||||
Xamaica | FG | 1 | |||||||||||||||||||
Trinidad e Tobago | FG | 1 | |||||||||||||||||||
Total | 2 | 1 | 1 | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 2 | 1 | 1 | 2 | 2 | 2 | 2 | 3 | 3 | 4 | ANX | ANX | 32 |
- Legend
- 3ª – Terceira praza
- 1/4 – Cuartos de final
- 1/16 – Dezaseisavos de final
- FG – Fase de Grupos
- ANX – Aínda non xogado.
Clasificacións
[editar | editar a fonte]Seleccións nacionais
[editar | editar a fonte]Calculados pola FIFA baseado nos partidos xogados nos últimos catro anos.[1]
CONCACAF | FIFA | País | Puntos |
---|---|---|---|
1 | 14 | Estados Unidos | 947 |
2 | 26 | México | 822 |
3 | 35 | Honduras | 761 |
4 | 41 | Costa Rica | 694 |
5 | 61 | Panamá | 536 |
6 | 72 | Trinidad e Tobago | 471 |
7 | 76 | Xamaica | 456 |
8 | 83 | Canadá | 430 |
9 | 99 | Cuba | 353 |
10 | 100 | O Salvador | 352 |
Clasificación de clubs
[editar | editar a fonte]Clasificación calculada polo IFFHS en base a partidos xogados durante o último ano.
CONCACAF | IFFHS | Club | Puntos |
---|---|---|---|
1 | 55 | México Guadalajara | 145,0 |
2 | 69 | México Cruz Azul | 135,5 |
3 | 83 | México San Luis | 124,5 |
4 | 96 | México Santos Laguna | 116,5 |
5 | 98 | México Atlante | 114,5 |
6 | 122 | México Universidad Nacional | 101,0 |
7 | 130 | Honduras Marathón | 97,0 |
8 | 153 | México América | 88,5 |
9 | 167 | Panamá Tauro | 85,0 |
10 | 171 | Guatemala Municipal | 84,0 |
11 | 177 | Costa Rica Saprissa | 83,0 |
12 | 200 | Honduras Olimpia | 79,0 |
13 | 206 | México Deportivo Toluca | 78,0 |
14 | 224 | México Pachuca | 74,0 |
15 | 274 | O Salvador Luis Angel Firpo | 68,0 |
México Atlas | |||
17 | 288 | Estados Unidos Houston Dynamo | 67,0 |
18 | 295 | Nicaragua Real Estelí | 66,0 |
19 | 350 | O Salvador Isidro Metapán | 60,0 |
Panamá San Francisco |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2015. Consultado o 17 de xuño de 2009.