Complemento circunstancial
Aparencia
Denomínase complemento circunstancial (CC) á función sintáctica desempeñada por un adverbio, sintagma preposicional ou sintagma nominal que sinale algunha circunstancia de tempo, lugar ou modo ao verbo do que é complemento, ás veces mesmo pode expresar cantidade, causa, posibilidade, afirmación, negación ou finalidade. Existen, pois varios tipos:
- CC de tempo:
- O home veu onte (Adv/CCT)
- O home veu luns (SN/CCT)
- CC de lugar:
- O home veu á casa (CCL)
- CC de modo:
- O home veu amodo (Adv/CCM)
- O home acudiu con rapidez (Sprep/CCM)
- CC de cantidade:
- O home comeu moito (Adv(CCC)
- CC de posibilidade:
- O home quizais comese (Adv/CCPos.)
- CC de negación:
- O home non comeu nunca (Adv/CCNeg.)
- CC de afirmación:
- O home si comeu (Adv/CCafirm.)
- CC de finalidade:
- O home veu para o exame (Sprep/CCFin.)