Saltar ao contido

Comarca de Eume

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaComarca de Eume
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°24′N 8°00′O / 43.4, -8
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación24.223 (2020) Editar o valor en Wikidata (44,97 hab./km²)
Xeografía
Superficie538,61 km² Editar o valor en Wikidata
Ben de interese cultural
Data13 de agosto de 1971
IdentificadorRI-54-0000036

A comarca de Eume[1] é unha comarca galega situada na provincia da Coruña. Pertencen a esta comarca os concellos da Capela, As Pontes de García Rodríguez, Cabanas, Pontedeume e Monfero. Limita ao norte coas comarcas de Ferrol e Ortegal, ao sur coa de Betanzos e ao leste coa da Terra Chá pertencente á provincia de Lugo. A capital da comarca é Pontedeume[2]

Características

[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie total de 538,61 km²,[3] o que supón o 1,95% da superficie total de Galiza. A comarca recibe o seu nome do río Eume, río que alberga nas súas marxes o parque natural das Fragas do Eume, no que se atopan o medieval mosteiro de San Xoán de Caaveiro e o mosteiro de Monfero.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación total da comarca era de 24.223 habitantes no 2020, aproximadamente o 0,9% do total da poboación galega, e a densidade de poboación é de 44,97 habitantes por km².

Padrón municipal 2020 24.223 habitantes[3]
Menores de 15 anos 2.558 (10,56 %)
Entre 16 e 64 anos 14.910 (61,55 %)
Maiores de 65 anos 6.755 (27,89 %)

Concellos da comarca do Eume

[editar | editar a fonte]

Comarca do Eume

Concello Poboación
(2020)[4]
Extensión
(km²)[5]
Densidade
(hab./km²)
A Capela 1 221 58,00 21,05
As Pontes de García Rodríguez 10 068 249,37 40,37
Cabanas 3 274 30,30 108,05
Pontedeume 7 753 29,26 264,97
Monfero 1 907 171,67 11,11
Eume 24 223 538,61 44,97

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca do Eume
  1. "Corrección do DOG nº 71 do 15/04/1997"
  2. Eume | Agader
  3. 3,0 3,1 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-07. 
  4. "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-03-07. 
  5. "IGE - Superficie". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2022. Consultado o 2021-04-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]