Saltar ao contido

Cogomelo de coresma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cogomelo de coresma

Cogomelo de coresma
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Ascomycota
Clase: Pezizomycetes
Orde: Pezizales
Familia: Morchellaceae
Xénero: Morchella
Especie: M. esculenta
Nome binomial
Morchella esculenta
Fr.
Sinonimia

O cogomelo de coresma[1] ou pantorra[2] (Morchella esculenta) é unha especie de fungo comestíbel que medra en Europa (Andalucía), América do Norte e América do Sur (bosques da Rexión de Araucanía en Chile, na Arxentina (oeste das provincias de Neuquén, Río Negro e Chubut).

Descrición

[editar | editar a fonte]

Este cogomelo ten forma de colmea (por iso tamén recibe en galego o nome de colmeíña), con 5-14 cm de altura desde a base, e 3–8 cm de largo; o chapeu componse de celiñas desordenadas, e separadas unhas das outras por bordos flexíbeis de cor marrón clara e amarela opaca e tamén tons pardos escuros ao madureceren; a parte interna é feble, elástica e abrancazada. O estípite (esteo) é cilíndrico, de 2–7 cm de lonxitude, e de 2–4 cm de diámetro, de cor máis suave que a parte superior, e a parte interna está baleira. Presenta recendo e sabor agradábeis.

Nomes vulgares

[editar | editar a fonte]

En galego:

  • Cogomelo de coresma, pantorra e colmeíña[1].
  • Phallus esculentus L. Sp. Pl. 1178 (1753)
  • Morchella esculenta rotunda Pers. Syn. Fung. 619 (1801)
  • Morchella esculenta vulgaris Pers. Syn. Fung. 619 (1801)
  • Morchella continua Tratt. Fungi Austr. 67 (1830) (in part).
  • Morchella esculenta fulva Fries, Syst. Myc. 2: 7 (1822)
  • Morchella esculenta longipes Peck, Ann. Rep. N. Y. State Mus. 28: 87 (1876)
  • Phalloboletus esculentus Kuntze, Rev. Gen. Pl. 2. 865 (1891)
  • Morchella rotunda Boud. Soc. Myc. Fr. 13: 135 (1897)
  • Morchella vulgaris Boud. Bull. Soc. Myc. Fr. 13: 139 (1897)
  • Morilla esculenta Quél. Ench. Fung. 271 (1886)

Adóitanse cociñar fritíndoas con allo, touciño ou chourizo ou en revoltos de ovos. Xamais deben comerse crúas, pois conteñen unha toxina que se descompón a altas temperaturas, arredor de 80 °C, sendo logo inocua.

  1. 1,0 1,1 Nome galego en Guía da alimentación, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1995; e Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
  2. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración. Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. Páxina 182. [1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]