Code 128
Aparencia
Code 128 é un código de barras de alta densidade, usado amplamente para a loxística e paquetería. Pode codificar caracteres alfanuméricos ou so numéricos. Con este código é posible representar todos os caracteres da táboa ASCII, incluídos os caracteres de control.
Para comprender como se codifica este código, debemos ter en conta que cada ASCII se codifica mediante 11 barras.
Por exemplo , o carácter ASCII <espazo> está formado por:
- Dúas barras negras
- Unha barra branca
- Dúas barras negras
- Dúas barras brancas
- Dúas barras negras
- Dúas barras brancas
- Total = 11 barras.
O código en realidade inclúe seis zonas:
- Á esquerda, unha zona en branco que debería ter a lonxitude de dous caracteres.
- O carácter de inicio.
- Un número variable de caracteres ASCII e é o máis útil deste código.
- Un díxito para verificar a integridade dos datos.
- Un carácter de fin ou "Stop character"
- Á dereita, unha zona en branco equivalente a dous caracteres.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Diferentes tipos de códigos de barra
- Descrición do CODE 128 [1] Arquivado 03 de xullo de 2014 en Wayback Machine.
- Fonte code128.ttf