Cliff Allison
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1932 Brough, Reino Unido (en) | |||||||||||||||||||||||||
Morte | 7 de abril de 2005 (73 anos) Brough, Reino Unido (en) | |||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo | |||||||||||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | |||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans | ||||||||||||||||||||||||||
Henry Clifford "Cliff" Allison nado en Brough, Westmorland, o 8 de febreiro de 1932 e finado en Brough, Cumbria, o 7 de abril de 2005[1] foi un británico piloto de carreiras de Inglaterra, que participou na Fórmula 1 durante as tempadas de 1958 a 1961 cos equipos Lotus, Scuderia Centro Sud, Ferrari e UDT Laystall.
Fórmula 3 e coches deportivos
[editar | editar a fonte]Cliff Allison comezou a súa carreira de carreiras nun Cooper 500 de Fórmula 3 en 1953 antes de ser descuberto por Colin Chapman. Allison gañou o premio ao rendemento pilotando un Lotus 744cc nas 24 Horas de Le Mans de 1957.[2] O Lotus de Allison e Colin Chapman terminou sexto na carreira de resistencia das 12 Horas de Sebring de 1958 para autos deportivos.[3] Allison chegou en cuarto lugar co seu Lotus no Gran Premio de Europa de 1958 en Spa-Francorchamps, a máis de catro minutos do vencedor Tony Brooks.[4]
Allison e Dan Gurney compartiron un dos tres coches do equipo Ferrari que competiron na carreira dos 1000 quilómetros de Nürburgring de xuño de 1959. Setenta e cinco coches participaron na carreira dos 1000 quilómetros que era un acontecemento do campionato do mundo para coches deportivos.[5]
Allison emparellouse con Jean Behra nun Ferrari para terminar segundo nas 12 Horas de Sebring de 1959.[6] Os pilotos recibiron 1.550 $ en premios.[7] Allison fixo a volta rápida na carreira de Sebring no Ferrari nº 9. Fíxo os 8´046 km. en 3 minutos 21.6 segundos na volta 97.[8]
En maio de 1960 Allison derrapou fora da estrada durante a práctica para o Targa Florio en Palermo, Sicilia. O seu Ferrari marchaba a unha velocidade de 161 quilómetros por hora cando estalou un pneumático, ou iso cría o piloto. O coche chocou contra un bosque de matogueiras, esnaquizando o coche e a a maior parte do que tocou. Cando ocorreu o accidente o Ferrari estaba preto do final dunha recta de 8 quilómetros. Era o único tramo rápido na estrada da carreira. Allison escapou do accidente sen unha rabuñada, pero o seu rostro estaba cincento e a súa boca aberta cunha expresión de medo.[9]
Fórmula Un Lotus (1958, 1960), Ferrari (1959-60)
[editar | editar a fonte]Allison viuse obrigado a facer numerosas paradas en boxes durante o Gran Premio de Mónaco de 1958. O seu Lotus terminou sexto, a 12 voltas do gañador da carreira Maurice Trintignant.[10] Aínda así logrou o primeiro punto de campionato do mundo para o Equipo Lotus.[11]
O cadro de pilotos de Ferrari para 1959 era Olivier Gendebien, Phil Hill, Brooks, Behra, Gurney e Allison.[12]
Para o Gran Premio de Mónaco de 1959 o equipo da fábrica de Ferrari presentou versións curtas dos coches que participarían en futuras carreiras de GP. En Monte Carlo, os longos e finos morros de Ferrari foron cortados para permitir entrar máis aire nos sistemas de enfriamento.[13] Wolfgang von Trips perdeu o control do seu Porsche nunha curva onde a rúa estaba inclinada cara ao Casino. O Ferrari de Allison estrelouse contra el cando trompeou. O Lotus de Bruce Halford entrou logo na curva cega e converteuse en parte do accidente. Allison e o seu Ferrari sufriron danos menores mentres que von Trips tiña a cara inchada, e Halford tiña un corte no seu brazo. Ningún dos tres coches puido continuar.[14]
Sufriu un grande accidente ao volante do seu Ferrari mentres practicaba para o Gran Premio de Mónaco de 1960, e levoulle case o resto do ano recuperarse das súas lesións. Allison mancouse cando o seu Ferrari estrelouse contra unha barreira de palla. Estaba inconsciente cando o levaron a un hospital. Allison tiña o brazo esquerdo roto, fracturas na costelas, cortes faciais e unha conmoción cerebral. O seu estado foi catalogado como grave.[15]
Ao ano seguinte sufriu outro choque ao volante do seu Lotus no Gran Premio de Bélxica de 1961. Rompeu os dous xeonllos e fracturou a pelve cando o seu coche saíu da pista e envorcou nun campo.[16]
Poscarreira na Fórmula Un
[editar | editar a fonte]Isto marcou o final da súa andaina nos deportes do motor. Mantívose en contacto co deporte a través de reunións e sempre foi un visitante popular no paddock.
Allison foi propietario e administrador do Allison's Garage en Brough. O negocio fundarao o seu pai e Allison volveu a el logo do fin da súa andaina nas carreiras. Allison tamén proporcionou os servizos de autobús escolar e municipal, que Cliff Allison conducía.
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1958 | Team Lotus | Lotus 12 | Climax L4 |
ARX | MON 6 |
NED 6 |
500 | BEL 4 |
FRA Ret |
GBR Ret |
ITA 7 |
MAR 10 |
18º | 3 | ||
Lotus 16 | Climax L4 |
ALE 10 |
||||||||||||||
Scuderia Centro Sud | Maserati 250F | Maserati L6 |
POR Ret |
|||||||||||||
1959 | Scuderia Ferrari | Ferrari Dino 156 | Ferrari V6 | MON Ret |
17º | 2 | ||||||||||
Ferrari Dino 246 | Ferrari V6 | 500 | NED 9 |
FRA | GBR | ALE Ret |
POR | ITA 5 |
USA Ret |
|||||||
1960 | Scuderia Ferrari | Ferrari Dino 246 | Ferrari V6 | ARX 2 |
MON NSC |
500 | NED | BEL | FRA | GBR | POR | ITA | USA | 12º | 6 | |
1961 | UDT-Laystall Racing Team | Lotus 18 | Climax L4 |
MON 8 |
NED | BEL NTS |
FRA | GBR | ALE | ITA | USA | NC | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cliff Allison". The Independent. 9 de abril de 2005. Consultado o 21 December 2010.
- ↑ Flockhart and Bueb Sweep Mark To Win 24-Hour Le Mans Auto Grind, New York Times, 24 June 1957, Page 40.
- ↑ Collins-Hill Ferrari Wins 12-Hour Race at Sebring, New York Times, 23 March 1958, Page S1.
- ↑ Brooks Vanwall Finishes First in Grand Prix Race in Belgium, New York Times, 16 de xuño de 1958, Page 30.
- ↑ 75 Cars To Start at Nürburgring, New York Times, 7 de xuño de 1959, Page S6.
- ↑ Ferraris Score in 12-Hour Race, New York Times, 22 de marzo de 1959, Page S1.
- ↑ Hill and Gendebien Split Sebring Prize of $3,000, New York Times, 23 de marzo de 1959, Page 40.
- ↑ It Was Allison, New York Times, 1 April 1959, Page 49.
- ↑ Crack-up Frightens Driver Out of Targa Florio in Sicily, New York Times, 8 May 1960, Page S6.
- ↑ Trintignant Drives Cooper Car to Victory in Monaco's Grand Prix, New York Times, 19 de maio de 1958, Page 31.
- ↑ Henry, Alan (February 1984). "Looking back, with Cliff Allison". Motor Sport. Consultado o 17 de marzo de 2015.
- ↑ Ferrari To Pass Up Auto Races in Italy, New York Times, 10 de decembro de 1958, Page 59.
- ↑ Grand Prix Course in Monaco Is Too Slow, Drivers Complain, New York Times, 10 de maio de 1959, Page S3.
- ↑ Brabham Wins Grand Prix de Monaco after Moss' Auto Drops Out, 11 de maio de 1959, Page 36.
- ↑ British Driver Is Injured in Monte Carlo Crash, New York Times, 28 May 1960, Page 16.
- ↑ Sports Datelines, Los Angeles Times, 17 de xuño de 1961, Page A5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cliff Allison |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |