Saltar ao contido

Clemson Tigers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clemson Tigers
División División I da NCAA
Subdivisión en fútbol americano Football Bowl Subdivision (FBS)
Conferencia Atlantic Coast Conference
Alcume Tigers
Mascota tigre
Estadio de fútbol americano Memorial Stadium
(80.301 espectadores)
Pavillón de baloncesto Littlejohn Coliseum
(11.020 espectadores)

Os Clemson Tigers son o equipo deportivo da Universidade Clemson en Clemson, Carolina do Sur. Os equipos dos Tigers participan nas competicións universitarias organizadas pola NCAA, e forman parte da Atlantic Coast Conference.

O equipo máis exitoso é o de fútbol americano, que conseguiu o campionato nacional en 1981. Ademais, ten 13 títulos de conferencia e 15 bowls. Os títulos de baloncesto masculino resúmense en dous títulos de conferencia, tres aparicións na Sweet 16 e unha na Elite 8. En feminino contan con tres títulos de conferencia, 4 aparicións na Sweet 16 e a Elite 8 de 1991. En fútbol, gañaron o campionato nacional en 1984 e 1987, aparecendo 25 veces no torneo da NCAA. No programa feminino, en 2000 leváronse o título de conferencia.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]