Saltar ao contido

Clan Campbell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clan Campbell
Emblema
Lema: Ne Obliviscaris (Latín: Non esquecemos)
Slogan: Cruachan! (dende a montaña ó norte do Lago Awe, con vistas á maior parte das terras de Campbell en Argyll)
Perfil
Rexión Highlands
Distrito Argyll
Planta emblema Myrica gale
Nome gaélico Caimbeulach (Singular) e O Duibhne (Colectivo)
Xefe

Torquhil Ian Campbell
XIII Duque de Argyll
e VI Duque de Argyll
Título gaélico 'MacCailein Mor'
Asentamento Castelo de Inveraray
Asentamento histórico Castelo Campbell

O Clan Campbell (en escocés: Clann Caimbeulach) é un clan escocés das Highlands. Historicamente un dos maiores, máis poderosos e exitosos clans das Terras Altas, as súas terras estaban en Argyll e o xefe do clan converteuse en Conde e despois Duque de Argyll.

O máis antigo testemuño dun Campbell é Gilleasbaig de Menstrie (floruit 1260s), pai de Cailean Mór, de quen se pensa que os xefes do clan tomaron o seu título MacCailean Mór. O epíteto kambel é tomado nesa época. Reconstrucións imaxinarias derivárono do castelán Campo Bello, pero a orixe máis probable é caimbeul, do irlandés ou gaélico escocés, que significa boca torta, para referirse a un home cuxa boca está inclinada cara a un lado.[3]

En canto ós antergos do Clan Campbell, hai boas evidencia de que teñen parentesco cos Mac Duibne, ou quizais cos Uí Duibne, e de que están relacionados coa figura mitolóxica gaélica de Diarmuid Ua Duibhne. Tamén se suxeriu que as propiedades iniciais da familia, arredor de Menstrie e Cowal, estaban relacionadas coa partición do Condado de Menteith en 1213, e que Gilleasbuig ben puido ser parente de Muireadhach I, conde de Menteith. As terras que rodean o Lago Awe, que máis tarde formarían o núcleo das súas posesións, non o foron nos primeiros anos.

Guerras de Independencia de Escocia

[editar | editar a fonte]

A familia de Colin Campbell pasou a converterse defensora firme do Rei Robert the Bruce e beneficiáronse dos seus éxitos con doazóns de terras, títulos e bos casamentos. Loitaron polos Bruce contra os ingleses na Batalla de Bannockburn en 1314, durante as Guerras de independencia de Escocia. Durante o século XIV, o clan Campbell ampliou as súas terras e poder. Isto debeuse á lealdade de Sir Niall Campbell (Niall mac Caile), á causa de Roberto I de Escocia (the Bruce) – unha lealdade que foi recompensada cun matrimonio coa irmá de Bruce, Mary.[3]

A familia estaba intimamente asociada cos Bruces e Stewarts no tempo de Cailean Mór e o seu fillo Sir Niall mac Cailein. Cailean Mór morreu na batalla contra o Clan MacDougall, inimigos dos Bruce e Stewart, e Sir Niall foi un fiel aliado do Rei Robert Bruce.

Castelo de Inveraray, asentamento do Duque de Argyll, Xefe do Clan Campbell.
O tartán "Black Watch", tamén coñecido como Government sett ou Campbell tartan.

A pesar de haber fábricas que producen tecidos baseados no tartán Campbell, o xefe do clan recoñece só catro modelos como propios:

  • Campbell:[4] A Black Watch, estreada pola policía por primeira vez en 1695 para vixiar o contrabando de gando nas Highlands, tomando un papel importante nunha milicia de 1725 do Xeneral Wade (despois do acto da Unión en 1707). Todos os tartáns Campbell baséanse no tartán Black Watch. O tartán foi usado, e é de uso corrente para varias unidades militares de todo o Commonwealth.
  • Campbell de Breadalbane: Este tartán pode ser usado polos Campbells da póla Breadalbane, ou da Glenorchy.
  • Campbell de Cawdor: Este tartán pode ser usado polos Campbell de Cawdor.
  • Campbell de Loudoun: Este tartán pode ser usado polos Campbell de Loudoun.

O sexto Duque de Argyll engadiu unha liña branca a este tartán para distinguirse a si mesmo como Xefe do Clan.[5]

Pólas da familia

[editar | editar a fonte]
Duque de
Argyll
Marqués de Breadalbane
Conde de Cawdor
Conde de Loudoun
Campbell de Aberuchill
Campbell de Ardchattan
Campbell de Barcaldine
Campbell de Cawdor
Campbell de Clathick
Campbell de Lawers
Campbell de Lochaw
Campbell de Lochdochart
Campbell de Lochnell
Campbell de Monzie
Campbell de Moy
Campbell de Ottar
Campbell de Park
Campbell de Possil
Campbell de Smiddygreen
Campbell de Craignish
Campbell de Auchinbreck
Campbell de Auchawillig
Campbell de Ardentinny
Campbell de Ardkinglas
Campbell de Gargunnock
Campbell de Inverneil
Lord Stratheden
Campbell de Netherplace
Campbell de Glenlyon
Campbell de
Lix
Campbell de Blythswood
Campbell de Glenfalloch
  • Campbell de Aberuchill
  • Campbell de Ardkinglas
  • Campbell de Argyll
  • Campbell de Auchinbreck
  • Campbell de Barbreck
  • Campbell de Barcaldine
  • Campbell de Breadalbane e Holland
  • Campbell de Carrick Bouy
  • Clan Campbell de Cawdor
  • Campbell de Craignish
  • Campbell de Dunstaffnage
  • Campbell de Duntroon
  • Campbell de Gartsford
  • Campbell de Glenorchy
  • Campbell de Inverawe
  • Campbell de Inverneill
  • Campbell de Kenmore e Melfort
  • Campbell de Lochnell
  • Campbell de Loudoun
  • Campbell de Lundie
  • Campbell de Marchmont
  • Campbell de Ormidale
  • Campbell de Otter
  • Carter-Campbell de Possil
  • Campbell de Skipness
  • Campbell de Strachurr
  • Campbell de Succoth
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 "OFFICIAL LIST OF SEPTS OF CLAN CAMPBELL". Consultado o 3 de xuño de 2007. 
  2. 2,0 2,1 Campbell, A, A History of Clan Campbell; Volume 1, From Origins To The Battle Of Flodden, p.254-255
  3. 3,0 3,1 Oxford Companion to Scottish History, p.64 – 66. Edited by Michael Lynch, Oxford University Press. ISBN 978-0-19-923482-0.
  4. Which are the authentic Campbell tartans? Arquivado 14 de agosto de 2012 en Wayback Machine. Consultado o 11 de setembro de 2007
  5. "Clan Campbell Tartans". Ccsna.org. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2012. Consultado o 2012-04-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]