Clío (mitoloxía)
Na mitoloxía grega, Clío (en grego Κλειώ Kleiô, da raíz κλέω kleô, 'encomiar' ou 'cantar') é a musa da historia e da poesía heroica. Como todas as musas, é filla de Zeus e Mnemosine. Clío tivo un fillo con Píero, rei de Macedonia, chamado Xacinto. Algunhas fontes afirman que tamén foi nai de Himeneo.[Cómpre referencia]
Adoita ser representada como unha rapariga coroada con loureiros, levando unha trompeta na man dereita e un libro escrito por Tucídides na esquerda. A estes atributos únese ás veces o globo terráqueo sobre o que pousa e o Tempo aparece xunto a el, para mostrar que a Historia abarca todos os lugares e todas as épocas. Ás veces as súas estatuas levan unha guitarra nunha man e un plectro na outra, pois tamén se lle consideraba a inventora da guitarra. Noutras representacións moito máis clásicas represéntase a Clío levando na súa man esquerda un rolo de papiro e aos seus pés, unha capsa ou caixa para gardar os rolos.
-
Clío, a musa da historia, por Pierre Mignard (1689)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Clío |
- Kleio (Clío) en Theoi Greek Mythology (en inglés)
- Muses (Musas) en Greek Mythology Link (en inglés)