Saltar ao contido

Cities: Skylines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cities: Skylines
Desenvolvedor(es)Colossal Order
Tantalus Media (Xbox One)
Distribuidora(s)Paradox Interactive
Produtor(es)Mariina Hallikainen
Deseñador(es)Karoliina Korppoo
Henri Haimakainen
Miska Fredman
Programador(es)Antti Lehto
Damien Morello
Artista(s)Antti Isosomppi
Compositor(es)Jonne Valtonen
Jani Laaksonen
MotorUnity
Lanzamento10 de marzo de 2015
XéneroConstrución de cidades, Construción e Xestión
Modos de xogoUn xogador
Clasificación USK
Plataforma(s)Microsoft Windows
macOS
Linux
Na rede
http://www.citiesskylines.com
IMDB: tt5462894 Twitter: CitiesSkylines VK: citiesskylines Youtube: UCV9RoEcgAO1Uc7oxZGS8Lkw Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cities: Skylines é un videoxogo de construción de cidades creado pola compañía finlandesa Colossal Order[1] e publicado por Paradox Interactive[2] o 10 de marzo de 2015 para Windows, macOS e Linux. Considérase popularmente como o competidor dos máis famosos xogos dentro deste xénero, principalmente o SimCity (2013) e en menor medida do Cities XXL. O 24 de outubro de 2023 foi lanzada a secuela Cities: Skylines II.[3]

Cities: Skylines céntrase nunha simulación de construción de cidades a través dunha planificación urbanística. Os xogadores controlan a zonificación, a construción de estradas, impostos, servizos públicos e transportes públicos. O xogo é aberto, divulgado como "un xogo de tipo sandbox infinita a través de mapas masivos." As políticas civís determinadas polo xogador poden afectar a todo o desenvolvemento da cidade enteira ou de distritos individuais.

As estradas poden ser construídas rectas ou con forma libre e a cuadrícula usada para a zonificación adaptase á forma da estrada; as cidades necesitan seguir un plan hipodámico. As estradas de diferentes anchuras (ata autoestradas principais) admiten distinta cantidade de tráfico, e varios tipos de estradas (por exemplo estradas con árbores) ofrecen unha redución da contaminación acústica ou aumentan a valoración urbanística no circundante a cambio dun maior custo para o xogador.

A creación de mods, engadindo contido creado polos usuarios como construcións ou vehículos, será engadido a Skylines; a creación dunha comunidade activa modder é un obxectivo explícito de deseño. Este contido estará dispoñible para descarga a través de Steam Workshop.

Só serve para sistema operativo de 64 bits.

Recepción

[editar | editar a fonte]
Recepción
Puntuacións agregadas
AgregadorPuntuación
GameRankings89.08%[4]
Metacritic86/100[5]
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
Destructoid9/10[6]
Game Informer8.75/10[8]
GameSpot8/10[9]
IGN8.5/10[7]
PC Gamer (US)86/100[10]
The Escapist5/5 estrelas[11]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. "Sitio oficial de Colossal Order, sección de xogos.". 
  2. "Cities: Skylines®" (en inglés). p. Paradox Interactive - Global Games Publisher. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2019. Consultado o 22 de decembro de 2019. 
  3. "Cities: Skylines II - Paradox Interactive" (en inglés). Consultado o 2023-03-07. 
  4. "Cities: Skylines". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2019. Consultado o 10 de marzo de 2015. 
  5. "Cities: Skylines". Metacritic. Consultado o 10 de marzo de 2015. 
  6. "Review: Cities: Skylines - Destructoid". destructoid.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2015. Consultado o 12 de marzo de 2015. 
  7. "Cities: Skylines Review". IGN. 
  8. "Building Toward Something Meaningful - Cities: Skylines - PC - www.GameInformer.com". www.GameInformer.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2017. Consultado o 14 de maio de 2021. 
  9. Brett Todd. "Cities: Skylines Review". GameSpot. Consultado o 13 de marzo de 2015. 
  10. "Cities: Skylines". PC Gamer. 
  11. "Cities: Skylines Review - Modern City Building Made Easy - Reviews - The Escapist". The Escapist. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2015. Consultado o 14 de maio de 2021. 
  12. Hill, Greg. "Cities: Skylines Review". p. GodisaGeek. Consultado o 16 de marzo de 2015.