Citáridos
Citáridos Citharidae | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Citharoides macrolepis | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Subfamilias, Xéneros e Especies | |||||||||||||||||||
|
A dos citáridos (Citharidae) é unha pequena familia de peixes teleósteos acantopterixios da orde dos pleuronectiformes e suborde dos pleuronectoideos.
Tres dos seus xéneros habitan na rexión Indo-Pacífica, mentres que Citharus vive no Mediterráneo e no Atlántico oriental, no noroeste de África.
A familia comprende un total de sete especies, que alcanzan lonxitudes que varían entre os 14 e os 36 cm.
Características
[editar | editar a fonte]A diferenza doutras familias desta orde, non está tan avanzada a asimetría corporal: os citáridos teñen os ollos a ambos os lados da cabeza, nas aletas pelvianas teñen unha espiña e cinco raios brandos, ambas de igual tamaño e cunha base estreita, e as aletas pectorais están ben desenvolvidas.[2][3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A familia dos Citharidae foi descrita en 1935 polo ictiólogo e oceanógrafo español Fernando de Buen y Lozano.[1]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de por este nome, coñécese polo sinónimo Brachypleurinae Chabanaud, 1937.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome da familia, Citharidae, está formado sobre a base do nome do seu xénero tipo, Citharus, e a desinencia do latín científico -idae, propia das familias de animais.
Pola súa parte, Citharus é a forma masculiniza do latín clásico da voz citara -ae, "cítara", debido ao seu parecido á forma deste instrumento musical.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Aínda que hai controversia, xa que debe clarificarse o status do xénero Citharus,[2] podemos considerar que a familia subdivídese en dúas subfamilias, cun total de 7 especies agrupadas en 4 xéneros:
Familia Citharidae
- Subfamilia Brachypleurinae
- Xénero Brachypleura (Günther, 1862)
- Brachypleura novaezeelandiae (Günther, 1862)
- Xénero Lepidoblepharon (Weber, 1913)
- Lepidoblepharon ophthalmolepis (Weber, 1913)
- Xénero Brachypleura (Günther, 1862)
- Subfamilia Citharinae
- Xénero Citharoides (Hubbs, 1915)
- Citharoides axillaris (Fowler, 1934)
- Citharoides macrolepidotus (Hubbs, 1915)
- Citharoides macrolepis (Gilchrist, 1904)
- Citharoides orbitalis (Hoshino, 2000)
- Xénero Citharus (Artedi, 1793)
- Citharus linguatula (Linnaeus, 1758)
- Xénero Citharoides (Hubbs, 1915)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Citharidae de Buen, 1935 no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 Family Citharidae en FishBase (en inglés).
- ↑ Nelson, J. S. (2006).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Citharidae en ADW.
- Citharidae no SIIT.
- Citharidae no NCBI.