Saltar ao contido

Cisma de Occidente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miniatura do século XV dun manuscrito das Crónicas de Jean Froissart, que representa Cisma da Igrexa católica

O Cisma de Occidente, tamén coñecido como Gran Cisma de Occidente (distinto do Gran Cisma de Oriente e Occidente), e a miúdo chamado Cisma de Aviñón, fai referencia á división que se produciu na Igrexa católica no período comprendido entre 1378 e 1417, cando dous bispos, e a partir de 1410 incluso tres, se disputaron a autoridade pontificia.[1]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

A difícil situación da relación entre o reino de Francia e o Papado, que viña arrastrándose desde os conflitos de Bonifacio VIII con Filipe o Fermoso, era unha das causas polas que os últimos conclaves foran especialmente longos. A división no seo do colexio cardenalicio prolongábase xa que algúns consideraban que os papas de Aviñón eran demasiado servís á política do monarca francés. Por outro lado, o regreso a Roma facíase imposíbel polas diverxencias políticas entre familias que mantiñan en pé de guerra a cidade.[2]

A estas cuestións que causaban unha constante división entre os cardeais hai que angadir a progresiva toma de conciencia destes do poder que tiñan ao ser os que elixían ao papa. Durante os conclaves requeríase que quen fora o elixido seguira unha serie de políticas, e até se deixaba escrito que se procedería dese modo. Pero dado que tales xuramentos e acordos eran completamente ilegais —os documentos escritos dos conclaves non os mencionaban— os papas despois sentíanse coa liberdade de non seguir tales acordos. E para evitar a raíz desta actitude, os cardeais se lle opuseran, apresurábase a nomerar cardeais a persoas do seu contorno propiciando o nepotismo.[3]

O ambiente intelectual tamén cambiara. Á proposta de conciliación da teoloxía coa filosofía aristotélica realizada por Tomé de Aquino opuxérase primeiro Duns Scoto e logo Guillerme de Ockham, xerando unha tendencia antirracionalista dentro da cristiandade e outro foco de división que sería determinante no cisma.

O tan desexado regreso do papa Gregorio XI a Roma non solucionara os problemas políticos que había en Roma e estando a punto de abandonar de novo a cidade, o papa faleceu no ano 1378.

Papas do cisma

[editar | editar a fonte]
Papas e antipapas do Cisma de Occidente
Xoán XXIII (antipapa)Xoán XXIII (antipapa)Alexandre V (antipapa)Gregorio XIIInocencio VIIInocencio VIIBonifacio IXUrbano VIBenedito XIII (antipapa)Clemente VII (antipapa)Martiño VGregorio XI
  1. Salembier, Louis. "Cisma de Occidente". Enciclopedia Católica. Consultado o 23 de xuño de 2022. 
  2. Erba, Andrea Maria; Guiducci, Pier Luigi (2008). "L'esilio avignonese". La Chiesa nella storia. Duemila anni di Cristianesimo. Roma: Ellidice. pp. 299–304. ISBN 978-88-0103-810-1. 
  3. Llorca, Bernardino; García Villoslada, Ricardo (1967). "Regreso de los papas a la Ciudad Eterna". Historia de la Iglesia Católica. vol. III Edad Nueva (2ª ed.). Madrid: BAC. pp. 160–181. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Álvarez Palenzuela, Vicente Ángel (1982): El cisma de Occidente. Madrid: RIALP. ISBN 84-3212-187-8.
  • Bayona Aznar, Bernardo & José Antonio R. C. de Souza (2013): Doctrinas y relaciones de poder en el Cisma de Occidente y en la época conciliar (1378-1449). Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza. ISBN 978-84-1577-053-4.
  • Zizola, Giancarlo (2005): Il conclave. Storia e segreti. Palermo: Newton & Compton editori. ISBN 88-5410-396-9.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.