Saltar ao contido

Cirrio pálido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O cirrio pálido (Apus pallidus) é un paxaro apodiforme da familia dos apódidos. Como o resto dos cirrios, o cirrio pálido ten unhas patas moi curtas que emprega só para agarrarse en superficies verticais. Pasa a maior parte da súa vida no ar e aliméntase de insectos.

Características

[editar | editar a fonte]

Mide entre 16 e 17 cm e ten unha enorme semellanza co cirrio común. É completamente escuro, excepto por unha gran mancha branca na gorxa, que é frecuentemente visíbel a distancia. Diferénciase do cirrio común na súa corpulencia e por presentar tons de cor marrón.

Distribución e costumes

[editar | editar a fonte]

Os cirrios pálidos crían en penedos e cantís en todo o Mediterráneo, as illas Canarias e no arquipélago de Madeira. Adoitan poñer dous ovos, e ó igual que as andoriñas, son aves migratorias que pasan o inverno no centro de África e o sueste de Asia. Son raros ó norte da súa área de distribución.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]