Saltar ao contido

Circuíto José Ramón Losada

Circuíto José Ramón Losada
Carreira en 2007
Coordenadas43°18′21″N 8°28′02″O / 43.305833333333, -8.4672222222222
editar datos en Wikidata ]
Mapa do trazado do circuíto de Arteixo.

O Circuíto José Ramón Losada é un recinto adicado ás carreiras de coches, homologado pola Real Federación Española de Automovilismo, que está situada na parroquia de Morás (Arteixo). Utilízase habitualmente para carreiras de autocross.

Características

[editar | editar a fonte]

O circuíto ten unha lonxitude de 1150 metros, cunha anchura media de 14 metros. A grella de saída ten espazo para colocar 15 coches. Nos boxes collen 100 coches cos seus mecánicos. O circuíto ten 9 torres de control para o seguimento das carreiras, oficina de prensa e de cronometraxe.

Está prevista a construción dunha nova bancada permanente na curva final do circuíto. Debaixo dela vanse instalar as futuras clínica do circuíto e sala de prensa.

No circuíto de Arteixo celébranse cada ano polo menos dúas probas pertencentes ó Campionato de Galicia de Autocross. O 22 de maio de 2010 celebrouse a 63ª edición deste autocross, o que converte a esta proba na máis antiga de Galicia.

Leva o nome de José Ramón Losada, presidente durante máis de dúas décadas da Peña Autocross Arteixo.[1]

  1. "Fallece Ramón Losada, concejal del PP desde 1995 hasta 2003". La Opinión A Coruña (en castelán). 13 de xullo de 2007. Consultado o 7 de agosto de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]