Saltar ao contido

Cidade máxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cidade máxica
Ficha técnica
Título orixinalMagic Town
DirectorWilliam A. Wellman
ProdutorRobert Riskin
William A. Wellman
GuiónRobert Riskin
Baseado enHistoria de Robert Riskin
Joseph Krumgold
Intérpretes
MúsicaRoy Webb
FotografíaJoseph F. Biroc
MontaxeSherman Todd
Richard G. Wray
DistribuidoraRKO Radio Pictures
EstreaNova York: 7 de outubro de 1947
12 de outubro de 1947[1]
Galicia 12 de decembro de 2020 (TVG)
Duración103 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia
Recadación2 millóns de dólares (USA)[2]
Na rede
IMDB: tt0039595 Filmaffinity: 470634 Rottentomatoes: m/magic_town Allmovie: v30812 TCM: 82375 TV.com: movies/magic-town Netlix: 70154022 Editar o valor en Wikidata

Cidade máxica (en inglés: Magic Town) é un filme estadounidense de 1947 dirixido por William A. Wellman e protagonizado por James Stewart e Jane Wyman.

Estreouse subtitulado en galego o 12 de decembro de 2020 a través da TVG.[3]

Lawrence "Rip" Smith é un antigo xogador de baloncesto e militar que dirixe unha empresa que realiza enquisas. Ultimamente comezou a obsesionarse por ser capaz de atopar unha "fórmula milagre" matemática perfecta para realizar a enquisa perfecta e competir de verdade coas súas empresas rivais. Debido a que carece de fondos, está moi por detrás do seu rival número un, George Stringer.

Un día Rip descobre que unha enquisa realizada por un amigo e antigo colega do exército, Hoopendecker, na pequena cidade de Grandview, coincide exactamente coa que Stringer fixo a nivel nacional. Rip conclúe que a poboación demográfica da pequena cidade é unha combinación perfecta para o país no seu conxunto e cre que finalmente atopou a súa fórmula milagre.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Magic Town: Detail View". American Film Institute. Consultado o 8 de maio de 2014. 
  2. "Top Grossers of 1947", Variety, 7 de xaneiro de 1948 p 63
  3. Versión en galego (ed.). "Cidade máxica na TVG". Consultado o 29 de xuño de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]