Chuca
A chuca[1] ou xogo dos pelouros[2] é un xogo popular galego, común tamén noutras moitas partes e que se coñece desde a antigüidade. Tradicionalmente utilizábanse astrágalos de cordeiro (ósos dos xeonllos precursores dos dados pola súa forma) e unha pelota. Xógase cunha soa man e poden xogar unha ou varias persoas.
Características
[editar | editar a fonte]Na comarca de Ferrol, este xogo practícase da seguinte maneira: bótanse os ósos no chan, dise "a primeira" e bótase a pelota. Mentres a pelota está no aire hai que cambiar de posición os astrágalos que están mal e coller os que estean ben, as que che dea tempo, e colle-la pelota antes de que toque o chan, e cando o participante colle a pelota daquela tócalle ó seguinte. Os ósos que se consideran bos son os que están na posición primeira, e ao se coller todos, derrúbanse de novo, e faise o mesmo con outra posición (posición segunda, terceira e cuarta).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chuca.
- ↑ Graña Varela 2015, pp. 41, 67
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- CEIP Centieiras (2007-2008). Obradoiro de xogos populares para familias (PDF) (Informe). Fene: Xunta de Galicia.
- Cortizas Amado, Antón (2001). Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-551-5.
- Graña Varela, Apolinar (2015). Xogo popular e Educación Física. Unha investigación etnográfica no Concello de Malpica de Bergantiños (Tese). Universidade da Coruña. Departamento de Didácticas Específicas.
- Mariño Prego, Carlos (2008). Xogos Populares. Contidos Para a Área de Educación Física. Lulu.com. ISBN 9781409202448.
- López Ferro, José María (2014). "Os xogos populares (2ª parte)" (PDF). Hume Historia (Asociación de Estudos Históricos e Sociais "Hume") (7): 161–216. ISSN 1888-6183. OCLC 436448599.
- Río Silva, José L. A volta do xogo popular (PDF) (Traballo presentado a convocatoria de premios a recursos educativos para a sociedade da información).
Este artigo sobre cultura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |