Saltar ao contido

Chonchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaChonchi
Imaxe

Localización
Mapa
 42°37′26″S 73°46′21″O / -42.6238, -73.7725
EstadoChile
RexiónRexión de Los Lagos
ProvinciaProvincia de Chiloé
ComunaChonchi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Chonchi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.632 (2017) Editar o valor en Wikidata (2.093,68 hab./km²)
Xeografía
Superficie2,69 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude26 m-44 m Editar o valor en Wikidata
Creación1767 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmunicipalidadchonchi.cl Editar o valor en Wikidata

Chonchi é unha comuna chilena da X Rexión dos Lagos, localizada na Illa Grande de Chiloé. A súa capital é o pobo homónimo, fundado como San Carlos de Chonchi o 3 de agosto de 1767. No censo do ano 2002 a comuna tiña 12.572 habitantes, dos cales un 36,5% habitaba o sector urbano.

A comuna limita polo norte con Castro e polo sur con Queilen e Quellón. A única illa menor que posúe é o illote de Linlinao. Dentro da comuna está Cucao, que é o único poboado na costa occidental da Illa Grande e a entrada ao Parque Nacional Chiloé. Entre Cucao e Chonchi, está o lago dobre Huillinco-Cucao e xunto a el, o pobo lacustre de Huillinco.

O pobo de Chonchi é chamado Cidade dos Tres Pisos, pois está construído sobre tres socalcos naturais. A súa igrexa de madeira é unha das 16 do Arquipélago que foron declaradas Patrimonio da Humanidade. Dentro da comuna, a outra igrexa que posúe esta categoría é a de Vilupulli, coñecida pola súa esvelta torre. Tamén hai grandes casas de madeira construídas a principios do século XX durante o auxe da explotación do ciprés das Guaitecas. O fortín Tauco é unha batería en ruínas que defendía a entrada a Castro durante a Colonia, pero nunca chegou a usarse.

Roscas chonchinas.

Dúas receitas típicas da cociña chonchina son o licor de ouro, feito de leite, azafrán e ovo, e as roscas chonchinas, que logo de ferver unha masa, fanse no forno.