Chinghiz Aitmatov
Chingiz Aitmatov (kirguiz: Чыңгыз Айтматов, Çıñğız Aytmatov, چىڭعىز ايتماتوۋ [tʃɯŋˈʁɯs ɑjtˈmɑtəf]; ruso: ruso: Чинги́з Тореку́лович Айтма́тов, Chingiz Torekulovich Aytmatov), nado en Sheker o 12 de decembro de 1928 e finado en Nürnberg o 10 de xuño de 2008, foi un escritor e diplomático soviético e kirguiz que escribiu en ruso e kirguiz. Unha das figuras máis recoñecidas da literatura de Kirguizistán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu de pai kirguiz e nai tártara, comunistas de primeira hora que servían como funcionarios en Sheker. En 1937 as autoridades acusaron ao pai de " nacionalismo burgués" en Moscova, arrestárono e executárono en 1938[1].
Aitmatov estudou na escola soviética da súa vila natal, mais tivo que traballar desde novo. Con catorce anos exercía como axudante da secretaría soviética na vila. Traballou despois como recadador de impostos, cargador e axudante de enxeñeiro entre outros empregos. En 1946 ingresou no departamento de gandería do Instituto Agrícola Kirguiz en Frunze, aínda que despois pasou ao Instituto de Literatura Maxim Gorki en Moscova, onde viviu entre 1956 e 1958. Nos seguintes oito anos traballou para Pravda como correspondente en Kirguizistán . Interesado no cinema foi membro do xurado en varias edicións do Festival Internacional de Cinema de Moscova[2] e tamén do Festival Internacional de Cinema de Berlín[3]. En 1980 saíu do prelo a súa primeira novela, И дольше века длится день, que é unha das súas obras máis recoñecidas, traducida a varias linguas. Плаха apareceu en 1988.
Obra
[editar | editar a fonte]Chinghiz Aitmatov pertencía á xeración de escritores de posguerra. Os seus primeiros traballos literarios apareceron en 1952 en ruso: "«Газетчик Дзюйдо" e "Ашым" mentres o seu primeiro en kirguiz,"Ак Жаан", data de 1954. Pero foi "Jamila"[4], o seu primeiro libro, publicado en 1958 o que lle deu visibilidade, a súa produción anterior non fora significativa, algúns relatos e unha novela curta, Лицом к лицу en kirguiz. En Jamila a través dos ollos dun rapaz adolescente conta como Jamila, unha moza aldeá, separada do seu marido, un soldado, pola guerra, namórase dun militar inválido, que se atopa na súa aldea e que traballa canda todos na carga do cultivo de gran. En 1963 recibiu o premio Lenin por "Повести гор и степей. Outros traballos representativos son a novela curta Прощай, Гульсары, 1966 e a longa Белый пароход (1978). En 1980 saíu do prelo И дольше века длится день, que é unha das súas obras máis recoñecidas, traducida a varias linguas. Плаха apareceu en 1988.
Na obra de Aitmatov o folclore é un elemento fundamental, recreando e sintetizando narracións orais no contexto da vida contemporánea; en case todas as súas historias aparece algún mito, unha lenda ou un conto tradicional. En И дольше века длится день unha lenda poética sobre un cativo novo que se converte un mankurt serve de alegoría tráxica, converténdose en símbolos significativos da filosofía da novela.
Un segundo aspecto a obra de Aitmatov é a proximidade o que denomina os nosos "pequenos irmáns", os animais, intimamente e inseparablemente conectados coas vidas dos humanos. Os dous personaxes centrais de Прощай, Гульсары son un home e o seu garañón. Un camelo xoga unha función prominente en И дольше века длится день; e Плаха principia e remata coa historia dunha manda de lobos e a gran nai loba Akbara e a súa camada; as vidas dos humanas entran na narración entrelezándose coa vida dos lobos. Algunhas das súas historias leváronse ao cinema, como Первый учитель en 1965 ou a turca Selvi Boylum, Al Yazmalım (1978).
En entrevistas Aitmatov afirmou que consideraba tanto o kirguiz como o ruso as súas linguas nativas, moitas das súas primeiras obras foron en kirguiz, que el despois traduciu ao ruso; a partir de 1966 tras a publicación de Прощай, Гульсары escribiu principalmente en ruso.[5]
Carreira diplomática
[editar | editar a fonte]Chinghiz Aitmatov foi o primeiro o embaixador da Unión Soviética, e máis tarde de Kirguizstán, na Unión Europea, OTAN, UNESCO e o Benelux.
Libros
[editar | editar a fonte]- Лицом к лицу, 1957
- Джамиля, 1958
- Первый учитель, 1962
- Повести гор и степей, 1963
- Прощай, Гульсары, 1966
- Белый пароход, 1970
- Восхождение на Фудзияму, 1973
- Пегий пес, бегущий краем моря, 1977
- Ранние журавли, 1979
- И дольше века длится день, 1980
- Плаха, 1986
- Тавро Кассандры, 1996
- Когда горы падают, 2006
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""Kyrgyz writer, perestroika ally Aitmatov dies," Reuters UK, 10 de xuño de 2008". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 28 de xullo de 2017.
- ↑ "7th Moscow International Film Festival (1971)". MIFF. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2014. Consultado o 2012-12-22.
- ↑ "Berlinale: 1994 Juries". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2016. Consultado o 2011-06-09.
- ↑ Publicada practicamente á vez en revistas tanto en ruso como en kirguiz, neste último caso co título de Обон ("Melodía"). En 1959 as dúas versións publicáronse en forma de libro:Iraj Bashiri "Aitmatov's Jamila: An Analysis"
- ↑ Ирина Мельникова: Работу над сборником Айтматова считаю подарком судьбы 27 de maio de 2015