Saltar ao contido

Chimamanda Ngozi Adichie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChimamanda Ngozi Adichie

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Ngozi Grace Adichie Editar o valor en Wikidata
15 de setembro de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Enugu, Nixeria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaAnambra Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoIgbos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatólico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Yale
Eastern Connecticut State University (en) Traducir
Universidade Drexel (pt) Traducir
Universidade Johns Hopkins
University of Nigeria (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,68 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmestra, escritora de contos, escritora de non ficción, novelista, poetisa, xornalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Wesleyana Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webchimamanda.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2590693 Facebook: chimamandaadichie Twitter: chimamandareal Instagram: chimamanda_adichie TED: chimamanda_ngozi_adichie BNE: XX1452464 Musicbrainz: 012fd9c9-1e34-4dc2-a8b8-da1136786771 Discogs: 3592029 Editar o valor en Wikidata


Chimamanda Ngozi Adichie, nada en Abba (Enugu) o 15 de setembro de 1977, é unha escritora, novelista e dramaturga feminista nixeriana.[1]. Adichie é o seu apelido, mentres que Chimamanda Ngozi son os seus dous nomes, que significan "o meu deus non caerá" e "bendición", respectivamente, en lingua igbo.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É a quinta filla do matrimonio de etnia igbo formado por Grace Ifeoma e James Nwoye Adichie. Pasou a súa infancia na cidade de Nsukka, sede da Universidade de Nixeria, nunha casa que anteriormente fora habitada polo escritor Chinua Achebe. A súa nai foi a primeira secretaria de admisións da Universidade de Nixeria, onde o seu pai era profesor de estatística. Aos 19 trasladouse aos Estados Unidos cunha bolsa por dous anos para estudar comunicación e ciencias políticas na Universidade Drexel, Filadelfia. Posteriormente continuou os seus estudos na Universidade Estatal do Leste de Connecticut, na que se graduou en 2001. Realizou así mesmo estudos de escritura creativa na Universidade Johns Hopkins, Baltimore, e un mestrado de estudos africanos en Yale.

Traxectoria literaria

[editar | editar a fonte]
Bandeira de Biafra, co seu medio sol amarelo no centro.

Os temas que trata Adichie na súa obra están relacionados co feminismo, a inmigración e os problemas raciais. A súa obra Todos teriamos que ser feministas , vendeu máis de medio millón de exemplares e en 2017, foi traducida a galego.

En 2003, mentres se atopaba estudando en Connecticut, publicou a súa primeira novela, Purple Hibiscus, con boa acollida da crítica e pola que recibiu o Commonwealth Writer's Prize for Best First Book en 2005. A acción da súa segunda novela, Half of a Yellow Sun (2006, así titulada en referencia ao deseño da bandeira da efémera nación de Biafra), desenvólvese durante a guerra civil nixeriana. A obra, encomiada, entre outros, por Achebe, obtivo o Orange Prize for Fiction en 2007.[3]

En 2009 publicou unha colección de relatos breves, titulada The Thing Around Your Neck.[4] Catro anos máis tarde publicou Americanah, Premio do Círculo de Críticos Nacional do Libro. We Should All Be Feminist é o seu primeiro ensaio. En 2020, informouse que a obra sería convertida en miniserie, coproducida por Lupita Nyong'o e Danai Gurira.[5]

Actualmente vive en Nixeria, onde imparte talleres de escritura creativa, e nos Estados Unidos.[6]

  1. "We should all be feminists", Chimamanda Ngozi Adichie en TEDx Talks, 12 de abril de 2013 (en inglés).
  2. Birnbaum, Robert (23 de outubro de 2006). "Chimamanda Ngozi Adichie". themorningnews.org (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2021. 
  3. "Nigerian author wins top literary prize" Arquivado 16 de febreiro de 2021 en Wayback Machine., artigo en UK Daily Telegraph, 7 de xuño de 2007 (en inglés).
  4. Recensión do libro en The New York Times, 27 de agosto de 2009 (en inglés).
  5. Mackelden, Amy; Gonzales, Erica (15 de outubro de 2020). "Lupita Nyong'o and Danai Gurira's Americanah Series Is No Longer Moving Forward at HBO Max". harpersbazaar.com (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2021. 
  6. Grupo Editorial 62 (ed.). Tothom hauria de ser feminista (en catalán). Fanbooks. ISBN 978-84-16297-89-4. 
  7. Ficha da obra, traducida ao galego por Moisés Barcia e publicada por Rinoceronte editora en 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]