Chelva
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Los Serranos | ||||
Capital de | |||||
Capital | Chelva | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.645 (2023) (8,63 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 190,6 km² | ||||
Altitude | 800 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | David Cañigueral Belmonte (pt) (2017–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46176 | ||||
Código INE | 46106 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46106 | ||||
Páxina web | chelva.es | ||||
Chelva (en valenciano Xelva) é un municipio da Comunidade Valenciana. Está situado no interior da provincia de Valencia, na comarca de Serrans, tamén coñecida como "Alto Turia". Dista uns 68 km de Valencia pola CV-35 (Valencia-Ademuz).
Xeografía
[editar | editar a fonte]As alturas máis destacadas do termo son o pico de A Atalaia (1.157 m), no camiño cara a Villar de Tellas dende Chelva e próximo á poboación de Benagéber, e o Cerro da Neveira (1.205 m) ao norte. O centro urbano de Chelva atópase a 450 m sobre o nivel do mar. O clima predominante é o clima mediterráneo de veráns cálidos e invernos frescos, de carácter semiárido.
O termo presenta unha importante masa forestal, de Pinus halepensis, que ocupa algo máis de 14.000 ha de propiedade na súa maioría pública, patrimonial do Concello, e declarada de Utilidade Pública (montes de UP nº 50 e 51 do catálogo da provincia de Valencia).
Pedanías e barrios
[editar | editar a fonte]Posúe unha poboación duns 2.100 habitantes, 2.000 localizados no centro urbano de Chelva e o resto nas seguintes pedanías e núcleos habitados: Villar de Tellas, Ahillas, Alcotas, Mas de Caballero, Mas de Sancho e El Cerrito. Outras aldeas xa abandonadas son: Bercuta, Benacacira, Arquela etc. Tamén existen masas de labranza dispersas por todo o monte, como son: Mozul, Mozaira, Zae, Casas del Alto, Mas de Pinar, Mais de Tiero, La Atalaya, Mas de Alonso etc. A poboación indicada é moi estacional e as variacións ao longo do ano son importantes, especialmente na época de vacacións. No inverno dificilmente pasa de 1200 habitantes, mentres que no verán, sobre todo en agosto, supera facilmente os 5000.