Saltar ao contido

Charles Valentine Riley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCharles Valentine Riley

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1843 Editar o valor en Wikidata
Chelsea, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte14 de setembro de 1895 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de bicicleta Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGlenwood Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaWashington, D.C. Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEntomoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlepidopterólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMisuri, entomólogo
Instituto Smithsoniano, conservador
Departamento de Agricultura dos Estados Unidos, entomólogo Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaRiley Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
FillosMary Gine Riley Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Encyclopedia Americana (mul) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Riley-11832 Find a Grave: 87444812 Editar o valor en Wikidata

Charles Valentine Riley, nado en Londres o 18 de setembro de 1843 e finado en Washington DC o 14 de setembro de 1895, foi un entomólolgo e artista estadounidense. Foi unha das primeiras persoas que usou o control biolóxico de pragas e foi autor dunhas 2.400 publicacións. Convenceu ao Congreso dos EUA de crear a Comisión Entomolóxica dos Estados Unidos e estivo entre os fundadores da Asociación Americana de Entomólogos Económicos.

Primeiras etapas da súa vida

[editar | editar a fonte]

Fillo dun ministro da Igrexa de Inglaterra, Charles Valentine Riley naceu o 19 de setembro de 1843 en Londres no distrito de Chelsea. Cando tiña once anos os seus pais, o Rev. Charles e Mary (nada Valentine) Riley, decidiron ampliar a educación do seu fillo en Europa. Alí, destacou en artes e historia natural estudando en escolas privadas de Dieppe, Francia e posteriormente de Bonn, Alemaña.[1] Despois da morte do seu pai trouxérono de volta a Inglaterra e estudou alí nunha escola privada. Algo despois a súa nai volveu casar, o cal puido influír na súa decisión, tomada aos 17 anos, de cruzar o Atlántico e ir aos Estados Unidos de América dispoñendo de poucos recursos.[2][3][4]

A viaxe ao oeste de Riley acabou no estado de Illinois, onde traballou como peón nunha granxa de Aroma, unha pequena comunidade do condado de Kankakee, unhas 50 millas ao sur de Chicago. Riley coñecía ao dono da granxa, un británico inmigrado chamado George Edwards, dun tempo antes cando este visitara Londres. En 1864 abandonou a granxa de Edwards para traballar como reporteiro, artista e editor do departamento entomolóxico para o xornal de Chicago Prairie Farmer, un xornal sobre agricultura importante da época. Uns poucos meses despois enrolouse no 134º Rexemento de Infantaría de Voluntarios de Illinois, dándose de baixa antes do final de 1864 despois de cumprir os 100 días obrigatorios de alistamento.[5][6][4][7][8]

En 1868 foi a primeira persoa nomeada como Entomólogo do Estado en Missouri. Colaborou nos informes anuais desde Missouri, traballo que o situou como un dos entomólogos mellores dos Estados Unidos.

Riley estudou a praga de saltóns que invadiu moitos estados do oeste entre 1873 e 1877. Convenceu ao Congreso dos Estados Unidos de establecer a Comisión Entomolóxica dos Estados Unidos, que incluía a Comisión dos Saltóns, da cal Riley foi nomeado presidente.

En 1876 foi elixido membro da Sociedade Filosófica Americana.[9]

En 1878 foi nomeado para o posto de entomólogo do Departamento de Agricultura dos Estados Unidos, pero dimitiu só un ano despois por desacordos co Comisionado. Volveu ser nomeado en 1881 e permaneceu no posto superior ata 1894. Tamén foi nomeado como o primeiro conservador de insectos da Smithsonian Institution en 1885. Riley acabaría doando a súa colección de 100.000 espécimes de insectos a esa institución.[10]

Foi un dos primeiros en realizar un control biolóxico de pragas, introducindo un escaraello que era o inimigo natural dunha cochinilla que estaba danando a industria cítrica de California. Como ese método reduciu significativamente a cochinilla, Riley é por veces coñecido como "pai do control biolóxico". Inventou o “ciclón” ou cámara de remuíños en boquillas para utilizalo como spray.[11]

Foi un dos primeiros en decatarse de que as uvas americanas Vitis labrusca eran resistentes á Phylloxera.[12] O seu traballo con J. E. Planchon levouno a usar enxertos de vides francesas en capas de V. labrusca. Os seus esforzos conseguiron salvar a industris do viño francesa e por iso Riley recibiu a Gran Medalla de Ouro Francesa e foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honor en 1884.[13]

Riley foi un prolífico escritor, artista e visionario, autor dunha 2.400 publicacións. Publicou en dous xornais, The American Entomologist (1868–80) e Insect Life (1889–94) e foi o primeiro que recomendou o establecemento da Oficina de Estacións de Experimentos, en 1878 ante o Congreso Nacional de Agricultura.[10] Recibiu graos honoríficos da Universidade do Estado de Kansas e da Universidade de Missouri. Foi membro honorario da Sociedade Entomolóxica de Londres e fundador e primeiro presidente da Sociedade Entomolóxica de Washington. El e o Dr. L. O. Howard, que era axudante de Riley no Servizo Entomolóxico Federal, foron uns dos fundadores da Asociación Americana de Entomólogos Económicos, que formaba parte da Sociedade Entomolóxica de América en 1953. A Riley sucedeuno como Entomólogo do Estado de Missouri Otto Lugger, que traballara como axudante de Riley.

Matrimonio

[editar | editar a fonte]

O 20 de xuño de 1878 Riley casou en St. Louis, Missouri con Emilie Conzelman, que nacera e se criara nesa cidade. O seu pai, Gottlieb Conzelman, viñera de Alemaña e traballaba como empapelador de papel pintado. A nai de Emilie, Jorgine Augusta (nada Grønbech), era danesa; morreu o 21 de febreiro de 1861 en St. Louis, Missouri á idade de 39 anos.[14] Charles e Emilie tiveron cinco nenas e dous nenos. A primeira, Alice naceu en 1879 e Cathryn, a máis nova, en 1891. William, Mary, Harold (que morreu aos catro meses), Helen e Thora naceron todos na década de 1880. Emilie Conzelman Riley morreu en Washington D. C. o 10 de decembro de 1947 con case 98 anos.[15][16][17][18]

O 14 de setembro de 1895 Riley morreu como resultado dun accidente de bicicleta que ocorreu non lonxe da súa residencia de Washington D. C. Cando estaba circulando a gran velocidade costa abaixo, a roda da bicicleta chocou contra un lastro de granito que tirara un carro, foi catapultado e rompeu o cranio. Levárono inconsciente a casa, onde morreu cando cumpría os 52 anos, deixando muller e seis fillos.[19]

  1. Washington, past and present : a history (1930–1932)
  2. The European origins of scientific ecology, Volume 2 (1998) By Jean-Marc Drouin
  3. Cyclopedia of American Agriculture: Farm and community (1910) editado por Liberty Hyde Baile
  4. 4,0 4,1 Journal of the Royal Agricultural Society of England, Volume 56 By Royal Agricultural Society of England
  5. Science, Volume 2 By American Association for the Advancement of Science (1895)
  6. Cyclopedia of American Agriculture: Farm and community (1910) editado por Liberty Hyde Baile
  7. U.S. Civil War Soldiers, 1861-1865 M539 roll 76
  8. 1860 US Census Records
  9. "APS Member History". search.amphilsoc.org. Consultado o 2021-05-10. 
  10. 10,0 10,1 "Charles Valentine Riley Collection | Special Collections". specialcollections.nal.usda.gov. Consultado o 2019-06-26. 
  11. Rines, George Edwin, ed. (1920). "Riley, Charles Valentine" . Encyclopedia Americana.
  12. Riley and his work on Phylloxera
  13. Smith, C. M. (2005) Plant Resistance to Arthropods. Molecular and Conventional Approaches. Springer.
  14. St. Louis, St. Louis County, Missouri, Registry of Deaths, Book J: 184, Georgine A. Conzelman; FHL microfilm 2,308,260.
  15. 1860, 1870 & 1900 US Census Records
  16. The Washington Post, 11 de decembro de 1947, p. B2.
  17. Washington, past and present: a history (1930-1932)
  18. US Passport Application (Emilie C. Riley) 31 de maio de 1922
  19. Charles Valentine Riley Collection Biographical Notes

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]