Saltar ao contido

Charles Bell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCharles Bell

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de novembro de 1774 Editar o valor en Wikidata
Edimburgo, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte28 de abril de 1842 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Worcester, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo
Royal High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFisioloxía, anatomía e teologia natural (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Edimburgo
Londres
Escocia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónanatomista, profesor universitario, neurólogo, fisiólogo, filósofo, médico, cirurxián, escritor, neurocientífico, pintor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Edimburgo Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresWilliam Hunter (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiWilliam Bell Editar o valor en Wikidata
IrmánsRobert Bell
George Joseph Bell
John Bell Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Discogs: 4146248 WikiTree: Bell-46814 Editar o valor en Wikidata

Charles Bell, nado en novembro de 1774 en Doun in Monteath (Edimburgo) e finado o 28 de abril de 1842, en North Hallow (Worcestershire), foi un anatomista e cirurxián escocés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bell viviu e estudou en Edimburgo, onde se graduou como médico en 1799, pouco despois admitíronno no Royal College of Surgeons, onde exerceu a cirurxía e ensinou anatomía. Baixo o consello do seu irmán John Bell, publicara en 1798 , nos seus tempos de estudante A System of Dissection Explaining the Anatomy of the Human Body e participou en Anatomy of the Human Body publicado polo seu irmán en 1802 e 1804 con capítulos sobre as vísceras, os nervios e os órganos sensoriais. En 1804 marchou a Londres onde exerceu a cirurxía privada e daba clases de anatomía na Great Windmill Street School of Anatomía. Tamén serviu como cirurxián militar. En 1824 converteuse no primeiro profesor de cirurxía e anatomía do College of Surgeons in London.

Foi nomeado cabaleiro en 1831. En 1836 aceptou o posto de profesor de cirurxía na Universidade de Edimburgo.

The Maniac (1806)

Charles Bell foi un investigador e escritor prolífico, en 1811 publicou un estudo detallado do cerebro in 1811, no seu libro An Idea of a New Anatomy of the Brain, onde describiu os seus experimentos con animais e como foi o primeiro entre a sensibilidade e a motricidade e as funcións vexetativas. O libro converteuse na pedra de alicerce da neuroloxía.

Bell foi un dos primeiros médicos en unir o estudo científico da neuroanatomía coa práctica clínica. En 1821 describiu a traxectoria do nervio facial e unha enfermidade que levaba a unha parálise unilateral dos músculos faciais en On the Nerves: Giving an Account of some Experiments on Their Structure an Functions, Which Lead to a New Arrangement of the System.

O seu gusto polo debuxo e a pintura levouno a publicar Illustrations of the Great Operations of Surgery: Trepan, Hernia, Amputation, Aneurism, and Lithotomy (1821) e Essays on the Anatomy of Expression in Painting (1806).