Charidotella sexpunctata
Charidotella sexpunctata | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Charidotella sexpunctata é unha especie de escaravello da familia Chrysomelidae. É nativo de América.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Hai dúas subespecies, ssp. bicolor e ssp. sexpunctata.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Os adultos miden de 5 a 7 mm de lonxitude. Son de cor variable, xeralmente dourada a alaranxada brillante con ou sen manchas negras.[2] As marxes dos élitros e o pronoto son curvados e case transparentes.[3]
A cor muda durante o seu desenvolvemento, durante o apareamento ou cando se lles toca. Os científicos examinaron o mecanismo dos cambios de cor nunha especie relacionada, Charidotella egregia. A hidratación e deshidratación pode influenciar nos cambios de cor.[4] A cor dos adultos de ámbalas dúas especies presenta cambios semellantes.[5]
Ciclo vital
[editar | editar a fonte]A femia de Charidotella sexpunctata pon ovos, solitarios ou en grupos, no envés das follas ou no talo da planta hóspede. A larva emerxe en cinco a dez días. É amarelada ou avermellada, e ten espiñas. Acumula os seus produtos de refugallo no canto de descartalos, e úsaos como un escudo protector en contra de depredadores depositándoos nunha especie de percha do extremo posterior do abdome. Despois de cada muda engade o exoesqueleto. Despois de dúas a tres semanas convértese en pupa.[6][3]
Comportamento e dieta
[editar | editar a fonte]Consome a follaxe de plantas da familia Convolvulaceae, incluíndo Convolvulus e Ipomoea. Aínda que se alimenta dalgunhas plantas cultivadas, non chega a ser unha praga seria.[3]
Depredadores
[editar | editar a fonte]Os parasitoides desta especie inclúen a avespa eulófida, Tetrastichus cassidus e a mosca taquínida Eucelatoriopsis dimmocki. Son depredados por coccinélidos e por bechos pentatómidos e redúvidos.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Charidotella sexpunctata (Fabricius, 1781). ITIS.
- ↑ Barrows, E. M. 1979. Life cycles, mating and color change in tortoise beetles (Coleoptera: Chrysomelidae: Cassidinae). Coleopterists Bulletin 33: 9–16.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Golden tortoise beetle. University of Florida Institute of Food and Agricultural Sciences.
- ↑ Vigneron J. P., Pasteels J. M., Windsor D. M., Vértesy Z., Rassart M., Seldrum T., Dumont J., Deparis O., Lousse V., Biró L. P., Ertz D., Welch V. 2007. Switchable reflector in the Panamanian tortoise beetle Charidotella egregia (Chrysomelidae: Cassidinae). Phys. Rev. E. Stat. Nonlin. Soft Matter Phys. 2007 Sep;76(3 Pt 1):031907. Epub 2007 Sept. 11. http://www.nanotechnology.hu/reprint/pre_76_031907_TortoiseBeetle_2007.pdf
- ↑ Murray, T. Golden Tortoise Beetle. Arquivado 07 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. Garden Friends and Foes. Washington State University, Whatcom County Extension.
- ↑ Bugguide.net. Species Charidotella sexpunctata - Golden Tortoise Beetle