Champa
Chăm Pa, Chiêm Thành (vi) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Vijaya (en) | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | Old Cham (en) Lingua sánscrita | ||||
Relixión | Hinduísmo, budismo e Islam | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 192 | ||||
Disolución | 1832 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía Oligarquía | ||||
Champa (khmer: ចាម្ប៉ា; vietnamita: Chiêm Thành 占城 ou Chăm Pa 占婆) foi un antigo estado hinduísta situado no leste de Indochina (192–1832).[1][2] Étnica e lingüisticamente estaba formado basicamente por un pobo malaio-polinesio, os cham, aínda que ao longo dos séculos o Reino de Champa sufriu a presión de falantes vietnamitas.[1][2] Actualmente, os cham constitúen unha das minorías importantes en Camboxa e Vietnam.[1][2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Champa deriva do termo sánscrito campaka (pronunciado /tʃampaka/), que refire á Magnolia champaca, unha especie de árbore floral coñecida polas súas fragrantes flores.[3] Rolf Stein propuxo que este nome podería ter a súa orixe en navegantes austronesios procedentes do centro de Vietnam que chegaron á área de Champapuri, no leste da India, unha cidade sagrada para o budismo, co obxectivo de comerciar. Estes mariños terían adoptado o nome para o seu pobo. Pola contra, Louis Finot afirmou que Champa é un nome posto polos indios á zona do centro de Vietnam.[4]
Porén, Michael Vickery indica que Champa podería provir do termo nativo Čaṃ, endónimo do pobo Cham. A palabra empregada polas fontes históricas chinesas, Zhancheng 占城 (lit. "cidade dos Cham"), parece apoiar esta hipótese.[4]
Situación xeográfica
[editar | editar a fonte]O Reino de Champa situábase entre o delta do río Mekong, no sur, e até aproximadamente as "portas de Hue", no norte, de modo que o seu territorio correspondía en gran medida a actual rexión vietnamita de Annam.
Historia
[editar | editar a fonte]Lista de monarcas de Champā
[editar | editar a fonte]Dinastía de Pānduranga
- Cara a 757: Prithivîndavarman
- " 774: Satyavarman
- " 793: Indravarman
- " 801: Harivarman
- " 820–869: Vikrântavarman III
Dinastía Bhrigu
- Cara a 877: Indravarman II
- " 896–905: Jayasimhavarman
- 905–910: Bhadravarman II
- 911–971: Indravarman III
- 989–?: Vijaya Shrī Harivarman II
- Cara a 989: Yampuku Vijaya Shrī
Dinastía do Sur
- 1041–1059: Jayasimhavarman II
- 1059–1060?: Bhadravarman III
- Cara a 1060: Rudravarman
- " 1081: Jaya Indravarman IV
- ?–1086: Paramabodhisattva
- 1086–1139: Jaya Indravarman V
- 1139–1147: Jaya Indravarman VIN
- 1147–1163: Jaya Harivarman VIN
- 1163–?: Jaya Indravarman VII
- ? –1190: Jaya Indravarman VIII
- 1226–: Jaya Paramashvaravarman IV
- ? –1237: Jaya Indravarman X
- 1226– ?: Indravarman IX
- ? – 1307: Jayasimhavarman IV
- ?– 1308: Mahebdravarman
- 1342–1360: Bo–dê
- 1360–1390: She Bong–ngo
- 1441–1446: Bishai
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "The Cham: Descendants of Ancient Rulers of South China Sea Watch Maritime Dispute From Sidelines". web.archive.org. 2021-02-25. Archived from the original on 25 de febreiro de 2021. Consultado o 2024-02-19.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Miksic, John Norman; Yian, Goh Geok (2016-10-14). Ancient Southeast Asia (en inglés). Taylor & Francis. ISBN 978-1-317-27904-4.
- ↑ "Campaka". Sanskrit Dictionary (en inglés). Consultado o 19-02-2024.
- ↑ 4,0 4,1 Phuong, Tran Ky; Lockhart, Bruce (2011-01-01). The Cham of Vietnam: History, Society and Art (en inglés). NUS Press. ISBN 978-9971-69-459-3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Champa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Pobo cham
- Santuario Mi-Sön na capital política e relixiosa de Champa, declarado Patrimonio da Humanidade en 1999 pola UNESCO.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigo en español sobre a zona centro de Vietnam (publicado en Brecha, Uruguai) con información sobre o Museo de escultura cham.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |