Saltar ao contido

Chacal (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chacal
Ficha técnica
Título orixinalThe Day of the Jackal
DirectorFred Zinnemann
ProdutorJohn Woolf
David Deutsch (produtor)
Julien Derode
GuiónFrederick Forsyth
Kenneth Ross
IntérpretesEdward Fox
Michael Lonsdale
Terence Alexander
Michel Auclair
Alan Badel
Tony Britton
Denis Carey
Adrien Cayla-Legrand
Derek Jacobi
MúsicaGeorges Delerue
FotografíaJean Tournier
MontaxeRalph Kemplen
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea1973
Duración143 minutos
Orixe Francia
Reino Unido Reino Unido
Na rede
IMDB: tt0069947 Filmaffinity: 522691 Allocine: 5910 Rottentomatoes: m/day_of_the_jackal Allmovie: v61917 TCM: 19895 Metacritic: movie/the-day-of-the-jackal TV.com: movies/the-day-of-the-jackal Editar o valor en Wikidata

Chacal (en inglés: The Day of the Jackal) é un filme franco-británico de 1973 dirixido por Fred Zinnemann, que ten como protagonista a Edward Fox como o asasino a soldo coñecido como o "Chacal", que intenta asasinar o presidente de Francia Charles de Gaulle. Baséase na novela do mesmo nome de Frederick Forsyth.

A novela está baseada no intento de asasinar a Charles de Gaulle, que aconteceu en 1963, por obra de Jean Bastien-Thiry. O coche onde estaba De Gaulle chegou a ser metrallado. Thiry era un funcionario público francés insatisfeito por perder o seu cargo na Alxeria, en virtude da independencia do país aceptada por De Gaulle.

Hai un remake datado de 1997, co título The Jackal, con Bruce Willis no papel do asasino, e Sidney Poitier como o axente policial. Porén, a calidade desta película é inferior á orixinal de Fred Zinnemann.