Chía (deusa)
Chía | |
---|---|
Deusa da Lúa. | |
Membro da Relixión muisca | |
Estatua da deusa Chía en Chía. | |
Centro de culto | Templo da Lúa, Chía |
Planeta | Lúa |
Xénero | Feminino |
Rexión | Altiplano Cundiboyacense Colombia |
Grupo étnico | Pobo muisca |
Información persoal | |
Consorte | Sué (Sol) |
Equivalentes | |
Equivalente grego | Selene |
Chía ou Chíe é a deidade muisca da Lúa, considerada a esposa de Sué (o Sol). Era o símbolo dos praceres, sendo a protectora da diversión, os bailes e as artes, representándoa con forma de muller. Noutra variante da mitoloxía da zona, Bachué, nai do pobo chibcha, foi convertida en Lúa para acompañar a Sué.[1][2]
Tanto o deus sol "Sué" como a deusa da Lúa "Chía", estaban relacionados cos gobernantes muiscas. O deus do sol estaba relacionado cos zaques do norte e o seu Templo de Sogamoso; mentres que a familia do zipa que gobernou o territorio que abrangue o que hoxe é Bogotá, estaba relacionada coa deusa da Lúa e o seu Templo de Chía. Segundo Juan de Castellanos: "os muiscas concibían o Sol e a Lúa como esposos, e pais da xente".[1]
Os "chyquys", ou sacerdotes do calendario sagrado, foron os encargados das cerimonias adicadas á deusa, que incluían ofrendas de ouro e utensilios de cerámica. [3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Chía (mitología)". pueblosoriginarios.com/sur/caribe/muisca/chia (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Cuanto conoces de Chía" (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Dioses indígenas, Chía" (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2016.