Cesura
Aparencia
A cesura (do latín caesura: "cortadura") é o espazo ou pausa dentro dun verso separando dúas partes chamadas hemistiquios.[1]
Características
[editar | editar a fonte]É posible atopar máis dunha cesura no mesmo verso, xa que hai algúns versos que aparecen divididos en máis dun hemistiquio, se o verso é de máis de once sílabas é obrigatorio que haxa polo menos unha cesura. O final dun hemistiquio considérase como o fin dun verso, e polo tanto, restaráselle unha sílaba métrica se a palabra final é esdrúxula, quedará igual se é grave, e sumaráselle unha sílaba métrica se é aguda.[1] Pode haber unha rima interna entre versos contiguo.
A cesura non permite facer unha sinalefa entre os dous hemistiquios dun verso composto. Os versos de 12 ou máis sílabas sempre levan cesura.[1]
"Ó romper novo día, a barca milagreira
atracou antre as laxes dunha nova ribeira."
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Lírica galega". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2021-09-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lázaro Carreter, Fernando (1980). Diccionario de términos filológicos. Madrid: Gredos. p. 379. ISBN 8424911113.&