Cesáreo Bachiller
Nome orixinal | Cesáreo Bachiller Fernández | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 5 de outubro de 1914 Buenos Aires, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 14 de febreiro de 2004 (89 anos) Xixón, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1934 - 1945 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Cesáreo Bachiller Fernández, nado en Bos Aires o 5 de outubro de 1914 e finado en Xixón o 14 de febreiro de 2004, foi un futbolista arxentino-galego, que xogaba como centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Cesáreo Bachiller Ruiz e Josefina Fernández López, naceu na Arxentina e instalouse na súa infancia en Lugo, de onde procedía a súa familia. Xogou no Fortuna de Lugo e no Sporting Vilalbés,[1] e en 1933 debutou como profesional no Lugo Sporting.[2] Con este equipo disputou o Campionato de Galicia nas tempadas 1934/35 e 1935/36, acadando na segunda delas o terceiro lugar final, só por detrás do Deportivo da Coruña e o Celta de Vigo. Posteriormente, xogou no Club Lemos.
Tras finalizar a guerra civil española, fichou polo Atlético Aviación. Na tempada 1939-40 converteuse nun dos cinco primeiros futbolistas galegos en gañar a liga española, xunto cos seus compañeiros no Atlético Juan Vázquez, Celso Blanco, Enrique Rubio e Guillermo. Esa mesma tempada gañou tamén a Copa dos Campións contra o Espanyol. Ao termo da campaña foi traspasado ao Granada CF, co que se proclamou campión da Segunda División na tempada 1940-41 e ascendeu á máxima categoría do fútbol español. Xa en primeira marcou 10 goles en 24 partidos, fichando a continuación polo Sporting de Gijón.
Na súa segunda tempada no Sporting, rescindiu o seu contrato e fichou polo Real Madrid, co que non chegou a xogar ningún partido.[3] A finais de 1944 incorporouse ao CD Málaga, onde se retirou en 1945. Tras a súa retirada instalouse en Xixón, onde puxo en marcha unha empresa de materiais de construción.[4]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Atlético de Madrid
Granada
Sporting de Gijón
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Notas de deportes". La Voz de la Verdad (en castelán). 12 de outubro de 1936. p. 3. Consultado o 8 de abril de 2021.
- ↑ "Cesáreo Bachiller". La Voz de la Verdad (en castelán). 18 de xaneiro de 1936. p. 4. Consultado o 8 de abril de 2021.
- ↑ "Plantilla del Sporting de Gijón 1942/43". Consultado o 8 de abril de 2021.
- ↑ "La pareja Bachiller-Liz" (en castelán). 22 de outubro de 2016. Consultado o 8 de abril de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).