Cerdic de Wessex
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Xermania Magna, Alemaña |
Morte | 534 |
Rei de Wessex | |
519 – 534 ← sen valor – Cynric de Wessex ⊟ | |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Familia | |
Familia | Casa de Wessex (pt) |
Cónxuxe | unnamed wife of Cerdic of Wessex |
Fillos | Cynric de Wessex, Creoda de Wessex |
Pai | Elesa |
Irmáns | unnamed sister of Cerdic of Wessex |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Cerdic de Wessex, nado c. 467 e finado en 534, foi rei do reino anglosaxón de Wessex (519–534) e é considerado como o devanceiro de todos os reis subsecuentes de Wessex.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De acordo coas crónicas anglosaxoas, Cerdic chegou á illa de Britania no ano 475 nunha das incursións xermánicas que se producían nesta época na que a provincia romana se atopaba en franca decadencia. Roma, asediada polos invasores, non puido manter o seu poder en Inglaterra e os anglos e saxóns comezaron a penetrar no seu territorio.
Cerdic, proveniente do norte da actual Alemaña ou Holanda, chegou á costa británica xunto co seu fillo Cynric en tres barcos saxóns, case con toda seguridade na zona de Hampshire. Alí atopou un rei chamado Natanleod ao cal respectou durante quince anos. Con todo, en 508 asasinouno, proclamándose primeiro rei de Wessex. Cerdic proseguiu a súa conquista sobre territorio da antiga provincia romana de Britania, ocupando a Illa de Wight e regalándolla logo a dous dos seus homes de confianza, Stuf e Wighgar. É posíbel que Cerdic fose o caudillo saxón que foi vencido na Batalla do Monte Badon segundo algunhas crónicas. Outras indican que o que participou na batalla foi Aelle.
Orixes
[editar | editar a fonte]Da estirpe de Cerdic proveñen dalgunha maneira todos os reis de Inglaterra. A orixe de Cerdic é complexa e os historiadores non se poñen de acordo. Algúns (unha minoría) pensan que Cerdic non é máis que unha figura mítica que nunca existiu realmente. Con todo, ao ser nomeado por distintas fontes desde o século IX dando detalles da súa vida, a maioría dos estudosos opinan que a figura de Cerdic é real. De feito coñécese que o seu pai se chamaba Elasa. Estudos escolásticos afirman que Elasa era un nobre romano británico «Elasius». O nome de Cerdic é unha britanización do nome romano «Caractacus» que pasa a «Caradog» e «Caretic». A nai de Cerdic asegúrase que era saxoa, aínda que un dos seus devanceiros procedería de Britania e por ela tamén correría sangue romano-celta.
Cerdic cruzou a Inglaterra pensando por tanto que regresaba á súa terra, mesmo que tiña lazos familiares co rei Natanleod e, por iso, regresaba para instaurar a parte do Imperio Romano que se estaba esboroando en toda Europa.