Saltar ao contido

Cerdanyola del Vallès

Modelo:Xeografía políticaCerdanyola del Vallès
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°29′31″N 2°08′20″L / 41.491944444444, 2.1388888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaVallès Occidental Editar o valor en Wikidata
CapitalCerdanyola del Vallès (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación57.879 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.891,47 hab./km²)
Número de fogares45 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie30,6 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porriu Sec (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude82 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónMartiño de Tours Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Cerdanyola del Vallès (en) Traducir Editar o valor en WikidataCarlos Cordón Núñez (pt) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Orzamento64.246.746 € (2022) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08290 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE08266 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT082665 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Collegno (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webcerdanyola.cat Editar o valor en Wikidata
Cerdanyola del Vallès

Cerdanyola del Vallès é un municipio da comarca do Vallès Occidental, na provincia de Barcelona, Comunidade Autónoma de Cataluña, España.

A cidade conta cun poboado ibero (ca n'Olivé), a ermida románica de Sant Iscle de les Feixes, o castelo de Sant Marçal e un gran número de masías, testemuño do pasado agrícola. Así mesmo tamén hai casas modernistas que se construíu a burguesía como casas de veraneo.

En Cerdanyola atopamos a Universidade Autónoma de Barcelona (máis coñecida como a UAB) situada no barrio de Bellaterra, o Parque Tecnolóxico do Vallès (PTV), e construirase no futuro un sincrotrón (un acelerador de partículas).

Durante a Prehistoria, en Cerdanyola vivían pequenas comunidades de cazadores, recolectores e agricultores. Atóparonse restos de cazadores nómades da época paleolítica, que fabricaban instrumentos de pedra, preto de Can Magrans e Can Domènec e do río Sec. Pouco a pouco a chaira de Cerdanyola e a serra de Collserola foron ocupadas por pequenas granxas e aldeas de cabanas entre o neolítico e a primeira idade de ferro. Na rúa París da cidade atopáronse restos de 50 persoas inhumadas.

Durante a época ibera en Cerdanyola establecéronse os laietanos, que se dedicaban basicamente ao gando e ao cultivo. Atopáronse moitos restos no Poboado Ibero de Ca n'Oliver, que tiña muralla, rúas definidas, casas e almacén. Tamén hai pequenos xacementos en Can Xercavins e no actual campus da UAB.

Coa chegada do imperio romano, os poboadores iberos desapareceron e comezou a dominación romana, que provocou a creación de novas explotacións agrícolas, dedicadas principalmente ao cultivo da viña para a produción de viño.

O nome de Cerdanyola é documentado por primeira vez no ano 975, nun documento do Mosteiro de Sant Cugat.

Desde o século IX forma parte do Condado de Barcelona, englobado na Marca Hispánica, e os poboadores dedícanse basicamente á agricultura. Desde esta época, Cerdanyola converteuse nun cúmulo de masías e casas dispersadas polo municipio. Durante moito tempo non houbo un núcleo urbano. A vila estaba dividida en dúas parroquias, as de Feixes e Sant Martí, e dentro da xurisdición do Castelo de Sant Marçal. Nesta época a sociedade estaba agrupada co obxectivo de defender os seus intereses diante dos señores feudales.

Durante o século XVIII moitas familias enriquecéronse grazas á produción e comercialización do viño.

O núcleo urbano empezouse a formar dividíndose en dous barrios, o Barrio de Arriba, que data de 1828 e formouse por mor da estrada de Sant Cugat (actual BV-1415), e o Barrio de Abaixo, de 1845 relacionado coa construción do ferrocarril. Nesta época a actividade económica principal segue sendo a explotación e produción do viño, a pesar da crise que produciu a chegada da filoxera. Era un municipio tradicionalmente agrícola, con cultivo de cereais, viña e forraxe.

C de Cerdanyola

A finais do século XIX Cerdanyola converteuse nun pobo de veraneo pola burguesía catalá. Multiplicáronse as casas residenciais en barrios como Montflorit e Bellaterra. Pouco despois os dous barrios uníronse e edificaron a nova parroquia e a casa consistorial, obra de Josep Maria Balcells. Foi nesta época cando a vila foi un punto de encontro para artistas como Enric Granados, Pau Casals, Josep Viladomat, Josep de Togores, Carles Buïgas ou Ismael Smith.

A principios do século XX o sector industrial comezou a tomar certa importancia na cidade grazas á electrificación da mesma e á instalación da fábrica Uralita (1907) ou a fábrica de sifóns Sarroca.

Pero non foi ata os anos 1960 que Cerdanyola converteríase nunha vila industrial da área metropolitana de Barcelona, grazas á creación de polígonos como a Bòvila, Uralita, Can Mitjans e la Clota, onde se traballa no sector da metalurxia, téxtil, materiais de construción e no sector químico, que atraen ondas de inmigrantes procedentes doutras zonas máis deprimidas da península e provocan a creación de novos barrios na cidade, como o Barrio Banús ou Bonasort.

Nos últimos anos do século construíronse a Universidade Autónoma de Barcelona, o Parque Tecnolóxico do Vallès (1987), o polígono Polizur (unha ampliación da Clota). Actualmente estase creando o novo Centro Direccional, entre o AP-7 e Sant Cugat.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A 14 quilómetros de Barcelona, conta cunha situación privilexiada en canto a comunicacións. O seu termo municipal comprende unha parte da serra de Collserola e limita cos municipios de Sant Cugat del Vallès, Sant Quirze del Vallès, Badia del Vallès, Barberà del Vallès, Sabadell, Ripollet, Montcada i Reixac e Barcelona.

Polo seu termo municipal transcorren diferentes cursos fluviais, entre eles os máis importantes son o río Sec e a Riera de Sant Cugat.

O municipio está formado polos barrios seguintes: Can Antolí, Banús, Bellaterra, Bonasort, Can Cerdà, Can Fatjó dels Aurons, Can Xarau, Canaletes, Centre, Cordelles, Fontetes, Gorgs, Montflorit, Plana del Castillo, Serraparera, La Farigola e Turonet.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2009
928 3.026 4.007 19.945 51.173 52.778 58.747

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]