Saltar ao contido

Cerceta aliazul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cerceta aliazul

Macho en Texas


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Anatinae
Xénero: Anas (disputado)
Especie: A. discors
Nome binomial
'Anas discors'
(Linnaeus, 1766)
Sinonimia

Querquedula discors
Spatula discors

A cerceta aliazul (Anas discors) é un parrulo de pequeno tamaño e maioritariamente migratorio que vive en América.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Miden de 35 a 41 cm de longo e pesan de 325 a 500 gramos. Os machos son algo máis pesados cás femias e o peso esta suxeito a variacións estacionais, aumentando cando se preparan para a emigración. O bico mide de 4 a 4,2 cm. Os machos adultos en plumaxe de gala teñen a cabeza azul agrisada, cun debuxo facial branco en forma de media lúa. O corpo é castaño claro cunha mancha branca na parte posterior e a cola negra. As femias adultas, manchadas de pardo, son moi semellantes ás da cerceta. Ámbolos dous sexos teñen unha mancha azul (o espello) nas ás, da que reciben o seu nome vulgar.

Distribución xeográfica e hábitat

[editar | editar a fonte]

As cercetas aliazuis reprodúcense en Norteamérica dende Alasca ata Nova Escocia polo leste, e Texas polo sur. As súas áreas de invernada comprenden o sur dos Estados Unidos, México, América Central, o norte de Suramérica e as illas do Caribe, por ben que exemplares illados acadan o Uruguai e a Arxentina. As poboacións reprodutoras do estado estadounidense de Texas son sedentarias. Durante a migración poden voar distancias longas sobre mar aberto.

En Europa aparecen esporadicamente, e as súas patas amarelas permiten diferenciala doutros patos similares como a cerceta, á que é xeneticamente case idéntica segundo análises recentes de ADN.

Cercetas aliazuis.
Anas discors

Complementa unha vexetación esencialmente vexetariana con insectos, crustáceos e outros ivertebrados acuáticos. Pacen principalmente na auga pero tamén comen sementes nos campos de cultivo.

Fan os niños, que non son máis que unha depresión do chan rodeada de herbas e moitas veces agochada entre a vexetación, entre abril e maio. Coma noutros patos, as parellas fórmanse xa no inverno. Na época de cría os machos son territoriais. A femia pon de 6 a 14 ovos da cor da crema, que choca entre 19 e 29 días. Os polos poden empezar a voar ós 40 días de vida. Maduran sexualmente na seguinte temporada de cría.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]