Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia
Aparencia
O Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (CRZG), inaugurado en 2006 e situado no Pazo de Fontefiz (Ucelle, Coles), é un organismo que ten por obxectivo a recuperación e conservación das razas animais autóctonas en perigo de extinción. O organismo dependen da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia.[1]
No Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, as razas bovinas autóctonas críanse seguindo a agricultura ecolóxica, caracterizada pola crianza ao aire libre e a alimentación natural.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pazo de Fontefiz alberga la mayor explotación de vacuno de la provincia Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine., Faro de Vigo, 2007 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia |