Saltar ao contido

Cegoña (instrumento de tortura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe dunha cegoña conservada no Museo da tortura de Friburgo.

A cegoña é un instrumento de tortura que pola súa simpleza non amosa a primeira ollada a dor que pode causar, posto que en aparencia a súa principal función é a de simplemente inmobilizar a vítima. A cegoña é un aparato feito de ferro que suxeitaba o condenado polo pescozo, mans e nocellos, e sometíao a unha posición incómoda que provocaba cambras nos músculos rectais e abdominais, e a poucas horas por todo o corpo. A vítima que estaba suxeita a este instrumento sufría de cambras de diferente magnitude, nesta orde: primeiro nos abdominais e rectais, logo nos pectorais, cervicais e nas extremidades. Ao cabo dunhas horas, a dor volvíase insufrible e continua, sobre todo en abdome e recto. Mentres se sufrían estas terribles dores, o condenado podía ser queimado, mutilado ou batido até a morte.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]