Caxato de Asclepio
O caxato, bordón ou bastón de Esculapio ou Asclepio é un símbolo antigo, relacionado coa astroloxía e coa cura dos doentes a través da medicina. Consiste dun caxato envolto por unha serpente. Esculapio (en latín: Aesculapius) era o deus romano da medicina e da cura. Foi herdado directamente da mitoloxía grega, na cal tiña as mesmas propiedades mais un nome sutilmente diferente: Asclepio (en grego: Ἀσκληπιός, transl. Asklēpiós).
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]De acordo coa mitoloxía grega, Esculapio aprendéralle a arte da cura Quíron. El é normalmente representado coma un cirurxián na embarcación Argo, construída coa axuda da deusa Atenea. Esculapio era tan habilidoso nas artes médicas que gañou a reputación de ter traído pacientes de volta do mundo dos mortos. En virtude disto, foi punido e colocado nos ceos coma a constelación Ofiúco (significando: "o portador da serpente", ou "O Serpentario"). Tal constelación fica entre Saxitario e Libra.[1]
En varias esculturas procedentes de templos de Asclepio greco-romanos, o deus da medicina é sempre representado suxeitando un caxato cunha serpente envolta, o cal se tornou o símbolo da medicina.
O emblema
[editar | editar a fonte]A Organización Mundial de Saúde - OMS -, fundada en 1948, adoptou o símbolo de Asclepio. A Asociación Médica Mundial, reunida na Habana en 1956, adoptou un modelo padronizado do símbolo de Asclepio para uso dos médicos civís. O emblema adoptado pola Asociación Médica Mundial para uso dos médicos civís é unha serpente con dúas curvaturas á esquerda e unha á dereita. As organizacións médicas de carácter profesional e de ámbito nacional de varios países, que posúen emblema con serpente de Asclepio, son as do Brasil, o Canadá, Costa Rica, Inglaterra, Francia, Alemaña, Suecia, Dinamarca, Italia, Portugal, África do Sur, Australia, Nova Zelandia, países do sur leste asiático, a China e Taiwán.[2]
Caxato de Hermes e de Asclepio
[editar | editar a fonte]O caxato de Asclepio (o idealizado como símbolo da medicina) é unha serpente dando dúas voltas e media en torno do caxato de madeira. En troques, equivocamente a Mariña dos Estados Unidos adopta o símbolo de Hermes ao seu corpo médico e hai unha certa diverxencia acerca da utilización dos caxatos. O caxato de Hermes, que na verdade ten a representación da Contabilidade[3], é descrito coma un caxato de ferro, con dúas serpentes e ao final anexado un par de á. O símbolo médico non debe ser representado con ás.[2]
Derivacións
[editar | editar a fonte]Todo símbolo pode ser estilizado, porén non pode ser substituído por outro. Como estilizacións orixinais do símbolo de Asclepio podemos citar os seguintes símbolos e as alteracións utilizadas en territorio brasileiro.
- Associação Paulista de Medicina e o da Academia Brasileira de Medicina Militar, en que o caxato toma a configuración dunha espada;
- Escola Paulista de Medicina, en que o caxato é o propio tronco dunha árbore;
- Associação Brasileira de Educação Médica, en que o caxato é un facho, simbolizando a luz do saber;
- Facultade de Medicina de Ribeirão Preto, en que a serpente asume o formato dun nó cirúrxico.
Orixes
[editar | editar a fonte]Existen diversas orixes canto ao desenvolvemento da simboloxía relacionada co caxato de Esculapio, certamente todas contribuíran para a composición do seu significado. O símbolo recibe o nome dunha antiga lenda grega.
Orixe bíblica
[editar | editar a fonte]Hai referencias bíblicas ao caxato de Esculapio. "E dixo o Deus a Moisés: Fai unha serpente ardente, e pona sobre un caxato; e será que vivirá todo aquel que tendo sido picado pola serpente, ollase a ela." [4] A pasaxe é unha referencia sen constitución datada historicamente, a pesar das investigacións arqueolóxicas que buscan datar na Biblia eventos ocorridos realmente.
Orixe exipcia
[editar | editar a fonte]No intercambio da civilización grega coa exipcia, o deus Thoth da mitoloxía exipcia foi asimilado a Hermes e, deste sincretismo, resultou a denominación de Hermes exipcio ou Hermes Trismegistos (tres veces grande), dada ao deus Thoth, considerado o deus do coñecemento, da palabra e da maxia.[17] No panteón exipcio, o deus da medicina correspondente a Asclepio é Imhotep e non Thot.[5]
Orixe sincrética
[editar | editar a fonte]Entre o século III a.C. e o século III d.C. desenvolveu se unha literatura esotérica chamada hermética, en alusión a Hermes Trismegistos. Esta literatura versa sobre ciencias ocultas, astroloxía e alquimia, e non ten ningunha relación co Hermes tradicional da mitoloxía grega. O sincretismo entre Hermes da mitoloxía grega con Hermes Trismegistus resultou no emprego do caxato como símbolo deste último, tendo sido adoptado como símbolo da alquimia. Segundo Schouten, da alquimia o caxato tería pasado para a farmacia e desta para a medicina.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [BERNADETTE, Brady. Brady's Book of Fixed Stars. Weiser Books, 1999, ISBN=1-57863-105-X.]
- ↑ 2,0 2,1 "Joffre M. de Rezende, Prof. Emérito da Facultade de Medicina da Universidade Federal de Goiás". Arquivado dende o orixinal o 14/04/2010. Consultado o 26/07/2010.
- ↑ "Sitio oficial da empresa Borkenhagen Soluções Contábeis Ltda". Arquivado dende o orixinal o 29/03/2010. Consultado o 26/07/2010.
- ↑ [Biblia Sagrada. Libro de Números, capítulo 21, versículo 8.]
- ↑ [MAJOR RA. A History of medicine. Springfield, Charles C. Thomas, 1954.]
- ↑ [SCHOUTEN J. The rod and serpent of Asklepios. Symbol of medicine. Amsterdam, Elsevier Publ. Co., 1967.]
- ↑ Cadro comparativo entre o bastón de Esculapio e o caduceo de Hermes
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bordão de Esculápio |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- CASTIGLIONI, A. Histoire de la médecine (trad.) París, Payot, 1931.
- MAJOR RA. A History of medicine. Springfield, Charles C. Thomas, 1954.
- KERÉNYI C. Asklepios. Archetypal image of the physician’s existence. Londres, Thames and Hudson, 1960
- EDELSTEIN EJ, EDELSTEIN L. Asclepius. Collection and interpretation of testimonies. Baltimore, The Johns Hopkins Univ. Press, 1993.
- FONS JW Jr. The serpent as a medical emblem. Marquette Med. Rev. 26:13-15, 1960.
- LAWRENCE C. The healing serpent. The snake in medical iconography. Ulster Med. J. 47:134-140, 1978.
- WILLIAMS NW. Serpents, staffs, and the emblems of medicine. JAMA 281:475-6, 1999.
- BRANDÃO JS. Mitologia grega, vol. 2, 2.ed. Petrópolis, Ed. Vozes, 1988.
- CHEVALIER J, GHEERBRANT, A. Dicionário de símbolos, 2.ed. (trad.). Rio de Janeiro, José Olympio Ed., 1989.
- ENCYCLOPAEDIA BRITTANNICA. Chicago, 1961
- HAMILTON E. A mitologia, 3.ed. (trad.). Publ. D. Quixote, Lisboa, 1983.
- HAUBRICH WS. Medical Meanings. A glossary of word origins. Philadelphia, Am. Col. Phys., 1997
- FRIEDLANDER WJ. The golden wand of medicine. Westport, Greenwood Press, 1992
- METZER WS. The caduceus and the Aesculapian staff: ancient eastern origins, evolution and western parallels. Southern Med. J. 82:743-748, 1989.
- MUñOZ P. Origins of caduceus. Maryland State Med. J. Oct. 1981, p. 35-40.
- ERNOUT, A. & MEILLET, A.: Dictionnaire étymologique de la langue latine. Histoire des mots, 4.ed. París, Ed. Klincksieck, 1979.
- FOWDEN, G. The Egyptian Hermes. New Jersey, Princeton University Press, 1993.
- SCHOUTEN J. The rod and serpent of Asklepios. Symbol of medicine. Amsterdam, Elsevier Publ. Co., 1967.
- McCULLOCH, CC. Jr. – The coat of arms of the medical corps. Military Surg. 41:137-148, 1917.
- GARRISON FH. The babylonian caduceus. Mil. Surg. 44:633-636, 1919.
- TYSON, SL. The caduceus. Sc. Monthly 34:492-498, 1932.
- GEELHOED GW. The caduceus as a medical emblem. Heritage or heresy? Southern Med. J. 81:1155-1161, 1988.
- NICHOLS, D. – Iatros, vol. 10, n. 10, 1996
- COLLINS, SG.- Comments on the book The golden wand of medicine, march 18, 1999 (22)
- LÁZARO DA SILVA, A. – Símbolo da medicina. Bol. Inf. C..C.. 43-45, abril/junho 1999.