Saltar ao contido

Catedral de Xirona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Xirona
Fachada da catedral.
Datos xerais
PaísEspaña España
RexiónCataluña Cataluña
TipoCatedral
AdvocaciónSanta María
LocalizaciónXirona
Coordenadas41°59′15″N 2°49′35″L / 41.9875, 2.82638889
CatalogaciónMonumento histórico
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseDiocese católica latina de Xirona
Arquitectura
ConstruciónXI-XII, XIV-XVII, XVII-XVIII
EstiloRománico, gótico
Medidas85 x 90 m
Páxina webcatedraldegirona.org
Catedral de Xirona en Cataluña
Catedral de Xirona
Catedral de Xirona
editar datos en Wikidata ]

A Catedral de Santa María de Xirona (en catalán: Catedral de Santa Maria de Girona) é a sede catedralicia da diocese católica latina de Xirona e o meirande templo cristián do bispado e da provincia homónima. Os bispos da diocese de Xirona están documentats dende o ano 516. Segundo algúns documentos do século VII, o seu culto era equiparable ó das dioceses de Toledo e Sevilla. Durante a ocupación musulmá, entre os anos 715 e 785 foi transformada nunha mesquita.[1] A súa maior particularidade é que ten a nave gótica máis ampla do mundo, de 22,98 metros,[2][3] que é de feito a nave máis ampla de calquera estilo, agás a da basílica de San Pedro, que ten vinte cinco metros. Situada estratexicamente no núcleo central da cidade antiga, coñecido como "Força Vella", coincide co trazado urbano de Gerunda, asentamento da época romana da que aínda hai mostras da muralla na actual praza da catedral.

  1. M. Lluïsa Ramos, Anna Pérez, Xavier de Juan: Catedrals, monestirs i grans edificis religiosos, 2005, Edicions Geoestel, ISBN 84-96295-15-X
  2. Catedral de Xirona (ed.). "Història de la catedral: Història". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2010. Consultado o 31 de xaneiro de 2011. 
  3. Diocese de Xirona (ed.). "Catedral de Xirona". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 11 de outubro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]