Castro de Vilar
Aparencia
Castro de Vilar | |
---|---|
Parroquia | Crendes |
Concello | Abegondo |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15001003 |
Cronoloxía | |
Estado actual | Deteriorado |
Extensión estimada | 5.14 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Vilar é un castro situado no lugar de Vilar na parroquia de Crendes, no concello coruñés de Abegondo.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]O castro ten unhas dimensións de 275 por 187 metros e estimouse que se trata dun pequeno castro elíptico rodeado dunha dobre liña de murallas ou terrapléns. Mais o sitio atópase moi alterado por ter sido alterada a zona sur e norte deste e é complexo establecer a súa morfoloxía orixinal.[1].
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non é visitable.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Catálogo de protección arqueolóxica no PXOM do concello de Abegondo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de agosto de 2014. Consultado o 27 de agosto de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |