Casa do Sol
Casa do Sol | |
---|---|
Casa do Sol, Orzán | |
Edificio | |
Nome inicial | Dispensario antituberculoso |
Enderezo | Rúa do Sol 39 15003 A Coruña |
Coordenadas | 43°22′21″N 8°24′10″O / 43.3725, -8.40288 |
Remate | 1905 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Pedro Mariño |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Casa do Sol é un edificio situado na cidade da Coruña, na esquina da rúa Sol coa avenida de Pedro Barrié de la Maza, fronte á praia do Orzán.
Foi deseñado por Pedro Mariño en 1903,[1] e nun primeiro momento foi dedicado a tratar doenzas como a tuberculose. Actualmente é propiedade do concello da Coruña, e nel ten a súa sede a Comisión de Festas da cidade.
Descrición
[editar | editar a fonte]A Casa do Sol é un edificio de planta cadrada de 12×12 metros dun único andar. As fachadas son simétricas e nelas destaca a decoración da cornixa. Remátase cun lucernario situado no centro, sobre a que era a sala de espera do dispensario.[1]
Inicialmente ía construírse entre as cocheiras do tranvía e o lavadoiro do Orzán, mais en 1905, cando se concedeu a licenza de construción, decidiuse a súa localización actual.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Martínez Suárez & Casabella López 1989, pp. 38-39.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9.