Saltar ao contido

Casa do Comercio de Tampere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa do Comercio
A Casa do Comercio en abril de 2018.
Edificio
LocalizaciónHämeenkatu 17 e Aleksis Kiven katu 24
Tampere (Finlandia)
Coordenadas61°29′50″N 23°45′34″L / 61.4973329864, 23.7595770374
Uso(s)Residencial e comercial
Remate1899
Dimensións
Plantas5
Equipo
Arquitecto(s)Andersin, Jung ja Bomanson (arquitectos Bertel Jung, Waldemar Andersin e Oscar Bomanson)
editar datos en Wikidata ]

A Casa do Comercio (en finés Commercen talo) é un inmoble residencial e comerciial de estilo Art Nouveau temperán da cidade de Tampere, Finlandia. O edificio está situado no centro da cidade, na rúa Hämeenkatu e no bordo de Keskustori, na zona chamada Jugendtori. A súa construción fnializou en 1899 e foi obra do estudo Andersin, Jung ja Bomanson (aarquitectos Bertel Jung, Waldemar Andersin e Oscar Bomanson). O nome do edificio vén da palabra francesa para "comercio".[1][2]

Durante moito tempo o edificio acolleu o Hotelli Central, fundado en 1907. O nome do hotel cambiou posteriormente a Centrum.[1] Ata 1983 operou na Casa do Comercio a Ensimmäinen apteekki (Primeira Farmacia) e posteriormente, o 14 de decembro de 1984, abriu o primeiro McDonald’s de Finlandia.[2] Durante un curto espazo de tempo, entre 1983 e 1984, acolleu un Burger King.[3] En maio de 2010 houbo un incendio provocado por unha freidora de McDonald's.[4] Os traballos de reparación logo do incendo prolongáronse durante dous anos e McDonald’s reabriu de novo en 2012.[5] A finas de 2015 McDonald’s pechou o seu restaurante e a principios de 2016 a cadea de hamburgueserías finlandesa Friends & Brgrs abriu un novo restaurante.[6][7]

  1. 1,0 1,1 "Hotelli Central Commercen talossa – elegantteja huoneita 1900-luvun alun Tampereella" (en finés). Tampere wanhoissa postikorteissa. Consultado o 7 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Commercen talo" (en finés). Koskesta voimaa. Consultado o 7 de febreiro de 2021. 
  3. "Burger King Tampereelle keskeiselle paikalle". Tamperelainen (en finés). 12 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2021. 
  4. Vuorinen, Netta (14 de maio de 2010). "Katso kuvat: Commercen talo tulessa Tampereella, sammutustyöt saattavat jatkua päiviä" (en finés). Suomen Kuvalehti. Consultado o 7 de febreiro de 2021. 
  5. Matson-Mäkelä, Kirsi (30 de abril de 2012). "Commercen talo on lähes entisellään". Yle Uutiset (en finés). Consultado o 7 de febreiro de 2021. 
  6. "Historiallinen McDonald’sin ravintola lopettaa – lajissaan Suomen ensimmäinen". Ilta–Sanomat (en finés). 27 de novembro de 2015. Consultado o 7 de febreiro de 2021. 
  7. "Friends & Brgrs laajentaa Helsingistä Tampereelle". Helsingin Uutiset (en finés). 30 de novembro de 2015. Consultado o 7 de febreiro de 2021.