Casa de Castelao
Casa de Castelao | |
---|---|
Edificio | |
Estilo | Urbano galego mariñeiro |
Localización | Rúa de Abaixo, Rianxo |
Coordenadas | 42°39′04″N 8°49′09″O / 42.651041272285, -8.8191198857886 |
Uso(s) | sen uso polo de agora |
Construción | |
Construción | finais do século XIX |
Dimensións | |
Plantas | 2 baixo |
[ editar datos en Wikidata ] |
A casa de Castelao é a vivenda familiar onde transcorreu parte da vida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Atópase na Rúa de Abaixo, número 42, na vila de Rianxo. É unha típica edificación urbana das vilas mariñeiras galegas que data de finais do século XIX. Na fachada destacan o balcón e a galería.[1] Arélase que sexa a sede da Fundación Castelao nun futuro.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A familia Rodríguez Castelao non tiña casa propia antes de emigrar á Arxentina. Mariano Rodríguez, pai de Castelao, mercou a casa da rúa de Abaixo coma primeiro investimento despois de regresar triúnfante das Américas coma indiano. Tralo exilio de Castelao á Arxentina, a familia sufriu constantes aldraxes e humillacións, permanecendo case sempre na casa por medo. Na casa morou Teresa Castelao, irmá do artista, até a súa morte.[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]Trátase dunha construción acaroada de planta rectangular que presenta fachada proporcionada coas características do soar, representativa do tipo edificatorio máis elemental do tecido.
Conforma un inmoble de planta terrea e dous andares cuberto a tres augas, con recercados, zócolo e esquinais en cantaría e entrepanos en cachotaría revocada e simetría na composición da súa fachada, con tres vans, agás na planta baixa.
Consta de balconadas con varandas de fundición no primeiro andar e corpo voado pechado a xeito de galería no segundo andar e de fiestras balconeiras en ambos andares, con carpintaría de madeira, agás en dito corpo no que foi substituída por aluminio.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Información en Turgalicia
- ↑ M. X. Blanco (9 de febreiro de 2014). "«O reto é que a casa de Castelao sexa algún día sede da fundación»". La Voz de Galicia.
- ↑ Información en Culturagalega.gal