Casa da Moeda de Lituania
Casa da Moeda de Lituania –Lietuvos monetų kalykla– | |
---|---|
Edificio da Casa da Moeda de Lituania | |
Tipo | Sociedade de responsabilidade limitada. |
Fundación | 10 de decembro de 1990 |
Localización | Vilnius Lituania. |
Persoas clave | Director: Saulius Vaitiekūnas.[1] |
Industria | Cuñaxe. |
Produtos | Moedas, medallas, condecoracións, produtos de investimento, etc. |
Beneficio operativo | 5.000.000 euros. (2018)[2] |
Número de empregados | 46 |
Na rede | |
https://kalykla.lt/, https://lithuanian-mint.com/ e https://lithuanian-mint.de/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Casa da Moeda de Lituania (Lithuanian: Lietuvos monetų kalykla) é unha compañía lituana de titularidade pública, responsable da cuñaxe de moedas e medallas, e da fabricación de condecoracións oficiais e outros produtos. A casa de moeda está baixo o control do Banco de Lituania.[3][4]
Esta ceca foi escollida para a produción das moedas lituanas do sistema do euro, logo do ingreso deste país na Eurozona en 2015.[5]
Historia
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]A tradición da cuñaxe de moeda en Lituania remóntase aos tempos de Algirdas (1345-1377), grande duque de Lituania, cando se instituíu a capitalidade do país en Vilnius. A este período corresponden as primeiras emisións de moeda de prata.[6] No entanto, as primeiras mostras das moedas de prata paneuropeas cuñadas en Vilnius (diñeiros, groats, etc.) non se deron ata un século despois, baixo o reinado do grande duque Alexandre (1492-1506).[7]
En 1508, baixo o gran duque Sexismundo o Vello (1506-1544), cuñáronse as primeiras moedas datadas. A emisión de moeda lituana estendeuse no período de Sexismundo Augusto (1544-1572), cando se xeneralizou a cuñaxe dunha gran variedade de valores xa coñecidos en Europa, fundamentalmente diñeiros, groats, táleros e ducados.[7][8][9]
A cantidade de moedas cuñadas entre os séculos XVI e XVII nos obradoiros monetarios de Vilnius e de Kaunas foi grande. Porén, ambas as cecas pecharon en 1666, na época da chamada República das Dúas Nacións (Polonia e o Gran Ducado de Lituania).[7]
A partir da proclamación da independencia de Lituania o 2 de novembro de 1918 e da introdución da unidade monetaria nacional, o litas, o 1 de outubro de 1922, retomouse a cuñaxe de moeda no país. As moedas de 1925, 1936 e 1938 producíronse algunhas noutros países e outras na factoría de Spindulys en Kaunas.[7]
A Casa da Moeda de Lituania
[editar | editar a fonte]Logo da independencia da Unión Soviética, declarada o 11 de marzo de 1990, estableceuse en Vilnius a Casa da Moeda de Lituania (Lietuvos monetų kalykla) o 10 de decembro do mesmo ano.[3][10]
A súa misión era comezar a cuñaxe das primeiras moedas do novo circulante, que en 1992 se limitaron aos valores de 1, 2 e 5 céntimos (centai). En 1997 continuouse a serie coa introdución das moedas de 10, 20 e 50 céntimos, e en 1998 completouse coa posta en circulación das de 1, 2 et 5 litas (litai). Máis tarde, as moedas de 2 e de 5 litai substituíronse por outras moedas bimetálicas.[11]
A partir de 2015, a Casa da Moeda de Lituania comezou a produción das moedas en euros correspondentes a Lituania, logo da súa entrada na Eurozona o 1 de xaneiro dese mesmo ano.[5]
A partir de 1993, a Casa da Moeda de Lituania comezou a cuñar moedas conmemorativas. A primeira moeda deste tipo foi a de 10 litas (litų) de cuproníquel, emitida para celebrar o 60 aniversario do voo sobre o Atlántico de Steponas Darius e Stasys Girėnas. En 1995 cuñouse a primeira moeda de 50 litas (litų) en prata, con motivo do quinto aniversario da independencia de Lituania.[12]
En 2005 a empresa constituíuse como sociedade de responsabilidade limitada da que o Estado posúe o 100 % das accións, e o Banco de Lituania ocúpase da súa xestión.[13]
Galería de produtos
[editar | editar a fonte]-
Moeda conmemorativa de 50 litas (litų).
-
Moeda de 2 euros de Lituania.
-
Orde do grande duque Gediminas.
-
Orde Presidencial da Excelencia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Saulius Vaitiekūnas - naujasis Lietuvos monetų kalyklos direktorius Plačiau". Lietuvos Bankas.
- ↑ "[1]". Lietuvos monetų kalykla, UAB.
- ↑ 3,0 3,1 "Our activities". Lietuvos monetų kalykla.
- ↑ "Information about mint: Lietuvos monetų kalykla (Lithuanian Mint)". Online Coin Club.
- ↑ 5,0 5,1 "Euro coins Arquivado 03 de maio de 2020 en Wayback Machine.". Lietuvos Bankas.
- ↑ "The First Lithuanian Coins Arquivado 18 de xullo de 2019 en Wayback Machine.". Pinigų muziejaus.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 "Mints in Lithuania Arquivado 18 de xullo de 2019 en Wayback Machine.". Pinigų muziejaus.
- ↑ "Lithuanian Duchy coins catalog". Worldcoinsinfo.com
- ↑ Remecas, E. (2002). "Circulation of 16th century coins in the current territory of Lithuania". En Monetary Studies. Vol. VI. Nº 2. Xuño.
- ↑ "Lithuanian Mint". Zlate-mince.cz
- ↑ "Litas coins Arquivado 03 de maio de 2020 en Wayback Machine.". Lietuvos Bankas.
- ↑ "Collector and commemorative coins Arquivado 09 de novembro de 2019 en Wayback Machine.". Lietuvos Bankas.
- ↑ "Management Structure". Lietuvos monetų kalykla.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web da Casa da Moeda de LituaniaArquivado 10 de xullo de 2018 en Wayback Machine.
- Sitio web do Banco de Lituania