Saltar ao contido

Casa Calvet

Casa Calvet
Fachada da Casa Calvet
Coordenadas41°23′27″N 2°10′23″L / 41.390833333333, 2.1730555555556
editar datos en Wikidata ]

A Casa Calvet é un edificio deseñado por Antoni Gaudí, un dos arquitectos máis salientables do modernismo catalán. Atópase no número 48 da rúa de Casp, no Eixample de Barcelona, e data do ano 1899. Está catalogada como Ben Cultural de Interese Nacional.

O edificio foi construído para Andreu Calvet, un fabricante téxtil, e serviu tanto para o negocio, ó cal destinou a planta baixa e o soto, como para vivendas, nos andares superiores.

A Casa Calvet está considerada a obra máis conservadora do arquitecto. Segundo os expertos, a explicación atópase no feito de que Gaudí tiña que encaixar o edificio entre outros preexistentes e tiña que ter en conta que estaría situado nun barrio elegante. A simetría, o equilibrio e a orde que caracterizan a Casa Calvet non son habituais na obra gaudiniana. Malia isto, pódense ollar elementos modernistas, como por exemplo os dos frontóns curvilíneos do acabado da fachada, o balcón con tribuna de vidro e forxados que sobresae por riba da entrada ou a forma dos outros balcóns. As columnas que flanquean a entrada lembran carretes de fío, e constitúen unha alusión ó negocio téxtil da familia Calvet.

Cómpre destacar tamén os bustos dos tres santos patróns de Vilassar de Dalt, de onde eran os Calvet: Pedro de Verona (na honra do pai do dono), Xenxo de Arles, o notario, e Xenxo de Roma o actor. Foi o primeiro edificio galardoado polo Concello no Concurso anual de edificios artísticos (1899).

Os traballos de forxa son obra de Josep Perpinyà.[1]

  1. Lluïsa Amenós. "Ruta pel Patrimoni de la Forja de la ciutat de Barcelona" (PDF) (en catalán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de novembro de 2014. Consultado o 17 de agosto de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]