Saltar ao contido

Carmen Baroja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarmen Baroja

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de decembro de 1883 Editar o valor en Wikidata
Pamplona, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xuño de 1950 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropóloga, orfebre, escritora, escritora de literatura infantil Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeRafael Caro Raggio (1913–1943) Editar o valor en Wikidata
FillosJulio Caro Baroja, Pío Caro Baroja Editar o valor en Wikidata
PaiSerafín Baroja Editar o valor en Wikidata
IrmánsPío Baroja
Ricardo Baroja y Nessi Editar o valor en Wikidata

BNE: XX938913


Carmen Baroja y Nessi, nada en Pamplona en 1883 e finada en Madrid o 4 de xuño de 1950, foi unha escritora e etnóloga española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla dun enxeñeiro de minas, foi irmá dos tamén escritores Pío e Ricardo Baroja, e nai do antropólogo Julio Caro Baroja e do director de cine e escritor Pío Caro Baroja. Tras residir en Pamplona, Valencia, Burjasot, Cestona e Donostia, trasladouse a vivir coa súa familia a Madrid.

Dedicouse á orfebrería, a etnografía e o folclore, e escribiu artigos sobre estas materias -moitos deles baixo o pseudónimo de «Vera de Alzate»-, catálogos e varios libros. Co seu irmán Pío emprendeu, polo menos, dúas viaxes de estudos por Inglaterra e Francia, antes de casar co editor Rafael Caro Raggio; das viaxes volvía con bosquexos e instrumentos de traballo comprados en París. En Madrid, compartiu obradoiro co seu irmán Ricardo, con quen tamén estudaba e discutía as diferentes técnicas de traballo para os seus deseños de orfebrería.

En 1926 puxo en marcha o teatro de cámara El mirlo blanco no salón da casa familiar. Compartiu este proxecto cos seus irmáns e amigos Valle Inclán, Azorín e Manuel Azaña. As súas amigas Isabel Oyarzábal e Magda Donato estrearon alí El amor de D. Perlimplím nunha adaptación que fixo Federico García Lorca da súa obra para o teatro de cámara.

Participou de forma activa na fundación dun club de señoras, o Lyceum Club Femenino, presidido por María de Maeztu, ao que acudían, entre outras, Zenobia Camprubí, Elena Fortún, Concha Méndez, María Teresa León e Victoria Kent. A guerra civil española separouna do seu marido, que quedou illado en Madrid na súa imprenta, pero perdeuno todo e tivo que ingresar no seu antigo emprego en Correos para sobrevivir, se ben morrei en 1943. Dos catro fillos do matrimonio sobreviviron Julio e Pío. Os outros dos, Ricardo e Carmen, nados despois de Julio, faleceron de pequenos; Carmen morreu en 1950 tras dúas operacións de cancro intestinal.

Algúns dos seus versos foron publicados no libro Tres Barojas. Poemas (Pamplona, Pamiela, 1995). Foi autora tamén de contos infantís como o titulado Martinito el de la casa grande (1942; reeditado en Madrid, Castalia, 1999). Entre os seus libros etnográficos destacan El encaje en España (Barcelona: Lábor, 1933) e Joyas populares y amuletos (1949), que quedou inédito. Tamén acadou sona o libro de memorias Recuerdos de una mujer de la generación del 98 (Barcelona: Tusquets, 1998) editado por Amparo Hurtado Díaz, no que se fala da xeración do 98 e outros personaxes da cultura e a arte.

  • El encaje en España (Barcelona: Labor, 1933)
  • Martinito el de la casa grande (1942)
  • Joyas populares y amuletos (1949)
  • Tres Barojas. Poemas (Pamplona: Pamiela, 1995)
  • Recuerdos de una mujer de la generación del 98 (Barcelona: Tusquets, 1998)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Baroja y Nessi, C. (1998): Recuerdos de una mujer de la generación del 98; prólogo, edición e notas de Amparo Hurtado. Barcelona: Tusquets.
  • Varela Fernández, Julia: La larga lucha por la emancipación de las mujeres. Carmen Baroja y Nessi, Zenobia Camprubí Aymar y María Teresa León Goyri. Universidad Complutense de Madrid.
  • González-Allende, Iker: Los espacios ideológicos en Carmen Baroja Nessi, escritora del 98. Universidade de Illinois
  • Escobar, Julia: Carmen Baroja, una mujer del 98. La Ilustración Liberal.
  • Bados Ciria, Concepción: Intelectuales de la Edad de Plata (17). Carmen Baroja y Nessi. Centro Virtual Cervantes.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]