Carolina (nome)
Carolina é un antropónimo feminino galego procedente do xermánico Karl (home nas linguas nórdicas), latinizado como Carolus que tamén dá orixe á variante masculina Carlos. Nun principio significaba home libre mais despois pasou a designar o cargo de mestre ou mordomo do pazo entre os reis francos. Cando o poder destes mordomos medrou, Karl pasou a ser un título e, finalmente, chegou a ser nome propio[1].
Variantes
[editar | editar a fonte]Conta coas variantes galegas Carlota, Carola e Carla. O masculino é Carlos.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Karl é o hipocorístico de varios nomes cuxo primeiro elemento era karl —como Karlman (Carlomán)—, proveniente do antigo alto alemán cháral (‘home’, ‘amante’), que sobrevive no alemán moderno kerl (‘individuo’). Porén, co prefixo hus (house = ‘casa’) formaba Huscarl (‘home da casa’, é dicir, ‘servente’ ou ‘escravo’). Algúns estudosos defenden a súa vinculación co grego γηραλέος gueraléos (‘vello’), defendendo o significado de ‘home maduro’, ‘home experto’.
Carolina é un diminutivo de Carola, á súa volta, unha variante de Carla; que deriva do latín medieval Carolus (Carlos). O nome fíxose popular por ser o nome de varias raíñas, princesas e nobres. O nome tamén o levan dous estados dos Estados Unidos de América: Carolina do Norte e Carolina do Sur, que tomaron o nome de Carlos I de Inglaterra.
Onomástica
[editar | editar a fonte]O nome non ten santa patroa, mais si conta con algunha beata así chamada: Karolina Gerhardinger, fundadora da Escola das Irmás de Nosa Señora, lembrada o 9 de maio[2], e Karolina Kózkówna, virxe e mártir de Wał-Ruda, chamada "a Maria Goretti polaca", conmemorada o 18 de novembro[3].
Coma alternativa, a onomástica pódese festexar o mesmo día ca o nome Carlos (4 de novembro en memoria de san Carlos Borromeo).
O nome en Galicia
[editar | editar a fonte]Carolina non é un dos nomes máis comúns en Galicia, contodo 2.985 mulleres levan este nome en setembro de 2015. Só 26 mulleres levan a variante Carola. A variante Carlota si é máis abundante no norte do estado, incluíndo Galicia, con 1.911 mulleres. A variante Carla, é a máis abundante, especialmente na provincia de Pontevedra, conta con 4.676 mulleres galegas[4].
É de salientar que unha das cantigas populares de Galicia (e tamén norte de Portugal) máis famosas leve este nome: A Carolina.
Variantes noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Caroline (inglés, francés, alemán, neerlandés, romanés, noruegués, dinamarqués)
- Carolina (español, italiano, galego, catalán, portugués, francés, sueco, búlgaro)
- Karolina (polaco)
- Каролина (ruso, ucraíno)
- Carla (neerlandés, inglés, alemán, francés, italiano, portugués, galego, español)
- Carol (inglés, portugués)
- Carolyn (inglés)
- Coraline (latín)
- Καρολίνα (Carolina ou Karolina) (grego)
- Karol (eslavo)
- Karolina (eslavo, polaco, checo, sueco)
- Karoliina (finlandés, estoniano)
- Carola (galego, alemán, sueco)
- Carlynn Carolynn ou Carry (italiano)
- Karleen (alemán)
- Karlina (alemán)
- Carlota (español, portugués, galego, catalán)
- Carlotta (italiano)
- Carly (inglés)
Hipocorísticos
[editar | editar a fonte]- Inglés: Carry, Carrie, Karrie, Cari, Ina.
- Carola
- Coco
- Couki
- Lotta
- Lina
- Caro
- Karro
- Carito
- Car(e)y
- Care
- Carrie
- Carol
- Carrot
- Karin
- Cass (Caz)
- Cassie
- Lena
- CC
- Call
- Callie
- Nina
- Care Bear
- C-olina
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ímoslle chamar da [[Xunta de Galicia]] a través de www.lingua.gal" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 15 de setembro de 2015.
- ↑ "Beata Maria Teresa di Gesù (Carolina Gerhardinger)". Santi, beati e testimoni. Consultado o 15 outubro 2014.
- ↑ "Beata Carolina Kozka". Santi, beati e testimoni. Consultado o 15 outubro 2014.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, nome Carolina
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- A Carolina, cantiga popular galegoportuguesa.
- Lista de nomes femininos en galego
- Carlos (variante masculina do nome)