Saltar ao contido

Carlos Ulloa Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos Ulloa Varela
Biografía
Nacementofebreiro de 1849 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Mortefebreiro de 1887 Editar o valor en Wikidata (37/38 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
TesituraBaixo Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata

BUSC: ulloa-varela-carlos-1849-1887

Carlos Ulloa Varela, nado en Pontevedra en febreiro de 1849 e finado en Lugo en febreiro de 1887, foi un cantante galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ós quince anos comezou a súa carreira artística en Pontevedra interpretando as zarzuelas El valle de Andorra e El grumete.[1] En 1866 obtivo a praza de baixo na catedral de Santiago de Compostela, pero pouco despois marchou estudar a Madrid. En 1873 viaxou a Milán para perfeccionar os seus coñecementos e debutou en Florencia, na ópera L'africana (Giacomo Meyerbeer) interpretando o papel de don Pedro xunto ó gran Massini. Tamén cantou en Milán o Moisés de Rossini, con éxito. Logo disto actuou tamén no resto de teatros importantes de Italia.[1]

No marco da viaxe que fixo a América en 1878, inaugurou na Habana o Teatro Payret. Regresou despois a Milán e Venecia, e obtivo un gran recoñecemento en Nápoles pola súa interpretación de Mefistófeles de Fausto, e tamén tivo grande éxito en Catania.[1]

Volveu de novo a España e percorreu os teatros máis importantes, pasando dúas temporadas en Madrid e facendo varias representacións en Galicia.[1]

Destacou especialmente nas óperas máis importantes da súa época, como Norma, La africana, Hernani, Hugonotes, Moisés, El profeta, Lucrecia Borgia, Roberto el Diablo, Il barbiere di Siviglia e Fausto.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Entrada “Ulloa Varela, Carlos” na GEG.