Carlos Martel de Anjou
Nome orixinal | (it) Carlo Martello d’Angiò |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de setembro de 1271 Nápoles, Italia |
Morte | 12 de agosto de 1295 (23 anos) Nápoles, Italia |
Causa da morte | peste |
Lugar de sepultura | Catedral de Nápoles (pt) |
Pretendente Reino de Hungría | |
1292 – | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Familia | Casa de Anjou-Sicilia |
Cónxuxe | Clemência de Habsburgo (1281 (Gregoriano)–) |
Fillos | Carlos I da Hungria, Beatriz da Hungria, Clemência da Hungria |
Pais | Carlos II de Anjou e Maria da Hungria, Rainha de Nápoles |
Irmáns | Maria de Anjou Leonor de Anjou Branca de Anjou Margarida de Anjou-Sicília Luís de Toulouse Peter Tempesta Roberto I de Nápoles Raimundo Berengar de Andria João de Gravina Filipe I de Tarento |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Carlos Martel, nado en Nápoles o 8 de setembro de 1271 e finado na mesma cidade o 12 de agosto de 1295, coñecido como Carlos I Martel, Carlos Martel de Anjou ou, en italiano, Carlo Martello, foi o primoxénito do rei Carlos II de Nápoles da Primeira Dinastía Capetiana de Anjou-Sicilia e María de Hungría, filla do rei Estevo V de Hungría.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pretendente ao Reino de Hungría
[editar | editar a fonte]Aos 18 anos, en 1290, foi declarado polo Papa e polo partido eclesiástico como rei titular de Hungría como sucesor do seu tío materno Ladislau IV de Hungría, que morrera sen fillos e contra o cal o Papa xa declarara unha cruzada.
Non obstante, nunca obtivo o goberno de Hungría onde reinaba de forma efectiva o seu curmán André III de Hungría, da dinastía Árpád.
Descendentes
[editar | editar a fonte]Casou con Clemencia de Habsburgo, a filla de Rodolfo I do Sacro Imperio Romano, coa que tivo tres fillos:
- Carlos Roberto (1288-1342), rei de Hungría.
- Beatriz (1290-1354), muller de Xoán II de La Tour du Pin.
- Clemencia (1293-1328), muller de Lois X de Francia.
Carlos Martel morreu novo, cos seus pais aínda vivos. O seu fillo, Carlos Roberto, recuperou os dereitos dinásticos ao trono de Hungría.
Parece que Carlos Martel era coñecido por Dante Alighieri, xa que cando aparece na súa Comedia do Paraíso de Venus, fala de xeito familiar co poeta florentino.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Martel de Anjou |