Carlos Blanco Vila
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xaneiro de 1959 (65 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Altura | 170 cm |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Premios | |
| |
Sitio web | carlosblancoaovivo.com |
|
Carlos Blanco Vila, nado en Vilagarcía de Arousa o 2 de xaneiro de 1959[1], é un actor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Actor de teatro e presentador da Radio Galega, comezou a traballar na TVG como presentador do programa A Reoca en 1990 con Antonio Durán e colaborou noutros programas como Sitio Distinto ou Luar. Foi a personaxe de Ladislao Couto en Mareas vivas (onde tamén exercía como guionista) a que o deu a coñecer amplamente en Galicia.
A súa carreira cinematográfica comezou con Sei quen es (1999) e continuou con títulos entre os que destacan O lapis do carpinteiro (2003), Cargo (2006), Heroína (2005), Volver (2006), A praia dos afogados (2014) ou Dhogs (2017).
En 2005, tivo un papel regular na serie de Antena 3, Lobos, a cal non pasou da primeira tempada.
No 2006 presentou o programa da TVG Somos unha potenzia, o primeiro "late night" de Galicia.[2]
Conta cunha longa carreira no mundo do monólogo, acadando grande éxito por toda Galicia e fóra dela. En 2003 foi finalista do Certame de Monólogos de El club de la comedia. En 2008 co-produciu con Abada a súa obra de teatro Humor neghro, coa que actuou por toda a comunidade co músico guineano Manecas Costa.[3][4]
Dende o 2011 percorreu os escenarios xunto con Xosé Manuel Budiño cun espectáculo chamado iLalelo no que Budiño facía de DJ e Blanco de monologuista.[5]
En 2018 interpretou a Laureano Oubiña en Fariña, a adaptación televisiva do libro homónimo de Nacho Carretero.
Cinematografía
[editar | editar a fonte]- A Fiestra valdeira (1994) (Televisión), de Julio Lago.
- Sei quen es (2000), de Patricia Ferreira Mañá. Como Casal.
- O alquimista impaciente (2002), de Patricia Ferreira Mañá. Como Sobredo.
- O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa. Como Pintor.
- Secuestrados en Xeorxia (2003), de Gustavo Balza. Como Xornalista.
- Delta (2004), de Oriol Ferrer. Como Richard.
- Para que non me esquezas (2005), de Patricia Ferreira Mañá. Como Profesor.
- Heroína (2005), de Gerardo Herrero. Como Germán.
- Cargo (2006), de Clive Gordon. Como Sasha.
- Volver (2006), de Pedro Almodóvar. Como Emilio.
- Trastorno (2006), de Fernando Cámara.
- Ecos (2006), de Oriol Paulo. Como Rodrigo.
- Hotel Tívoli (2006), de Antón Reixa. Como Carlos II.
- Una mujer invisible (2007) de Gerardo Herrero. Como Jaime.
- O Apóstolo (2012) de Fernando Cortizo.
- La estrella (2013) de Alberto Aranda. Como Jonás.
- A praia dos afogados (2014).
- Dhogs (2017), de Andrés Goteira.
Curtametraxes
[editar | editar a fonte]- Hipotálamo (2002), de Fran Estévez e Manuel Pena.
- Ernesto en 10 minutos (2005), de Carolina Castro.
- Temporada 92-93 (2007), de Alejandro Marzoa.
- Leo (2007), de Fernando Cortizo.
- Amistad (2010), de Alejandro Marzoa.
- Desayuno con diadema (2012), de Óscar Bernácer.
- Lola (2012), de Alfredo Pardo.
- Unhas clases do social a tempo (2012), de Pablo Cacheda.
- Mal de sangre (2013), de Pedro Díaz.
- Véndese (2014), de J.A. Blanco.
Televisión
[editar | editar a fonte]Como actor
[editar | editar a fonte]Personaxes fixos
[editar | editar a fonte]- Mareas vivas (1998). Como Ladislao Couto. TVG.
- Lobos (2005). Como Xuíz Muller. Antena 3.
- Códice (2014). Como xuíz Casal. TVG.
- Hospital Real (2015). Como padre Bernardo.
- Fariña (2018). Como Laureano Oubiña. Antena 3.
- La unidad (2020). Como Ramón. Movistar .
Personaxes episódicos
[editar | editar a fonte]- Pratos combinados (1995). TVG.
- A familia Pita (1996). TVG.
- Compañeros (1999). Como Manuel. Antena 3.
- Hospital Central (2003). Como Franco Siminiani. Telecinco.
- Código Fuego (2003). Antena 3.
- Una nueva vida (2003). Telecinco.
- Los Serrano (2006). Como Pai de Helena. Telecinco.
- El comisario (2007-2008). Como Santonja. Telecinco (varios episodios).
- Cuenta atrás (2008). Cuatro.
- Con el culo al aire (2013). Antena 3.
- Clases de lo social (2013). Como profesor. Webserie.
- Los misterios de Laura (2014). Como Hugo. La 1.
- La víctima número 8 (2018). Telemadrid e ETB 2.
- Antidisturbios (2020). Como sogro de Diego. Movistar .
Como presentador
[editar | editar a fonte]- Saber e xogar (1985-1987). TVG.
- A reoca (1990). TVG.
- Sitio distinto (1990). TVG.
- Luar (1992). TVG.
- A familia mudanza (1993). TVG.
- Selección galega (1995). TVG.
- Somos unha potenzia (2006). TVG.
Teatro
[editar | editar a fonte]- The Days Before
- Diversas montaxes de Teatro do Aquí, Teatro do Noroeste ou do Centro Dramático Galego.
- Directamente Paco II
- A historia/histeria de Lili Brown
- Directamente Paco
- O País da comedia (2002)
- Dillei (2004)
- Humor neghro (2008)
- Africanízate (2009)
- Somos criminais (2018), con Touriñán.
- Unha noite na praia (2019), peza escrita e dirixida por Javier Veiga.
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]En 2018 foille concedido o Premio Rebulir da Cultura Galega na modalidade de Artes Escénicas.
Ano | Categoría | Obra (compañía) | Resultado |
---|---|---|---|
1998 | Mellor texto adaptado ou traducido | Nano (Teatro do Adro) | Gañador[6] |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Mellor interpretación masculina secundaria | Hotel Tívoli | Finalista |
2007 | Mellor comunicador de TV | O gran camiño | Nomeado |
2005 | Mellor interpretación masculina secundaria | Heroína | Gañador |
Ano | Categoría | Obra (compañía) | Resultado |
---|---|---|---|
2013 | Mellor actor | Desayuno con diadema | Gañador |
Familia
[editar | editar a fonte]É o pai de Lois Blanco Araúxo, director de teatro, que ten dirixido a seu pai en varias ocasións. Carlos Blanco foi o sétimo de sete irmáns, entre eles o adestrador de baloncesto Alberto Blanco Vila.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Publicación na páxina de Carlos Blanco comentado que é o seu aniversario.
- ↑ "Carlos Blanco presenta e dirixe o primeiro «late night» da TVG, «Somos unha potenzia»". La Voz de Galicia. 9 de xuño de 2006. Consultado o 21 de agosto de 2018.
- ↑ "Humor Neghro". www.carlosblancoaovivo.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2018. Consultado o 21 de agosto de 2018.
- ↑ "'Humor neghro' comeza a súa andaina". Vieiros. 25 de xaneiro de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2018.
- ↑ "Budiño se hace disyoquei para acompañar a Carlos Blanco". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de marzo de 2012. Consultado o 21 de agosto de 2018.
- ↑ Compartido con Cándido Pazó e Josito Porto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Blanco Vila |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Actores de Vilagarcía de Arousa
- Actores de cine de Galicia
- Actores de teatro de Galicia
- Actores de televisión de Galicia
- Nados en Vilagarcía de Arousa
- Nados en 1959
- Premios María Casares
- Presentadores da TVG
- Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina secundaria
- Personalidades da radio de Galicia
- Personalidades da Radio Galega